Mindfulness e Trastorno do Espectro do autismo (Tea)

Queremos informar dun curso moi importante que está a ter lugar na plataforma “Autismo diario” e que leva por título “Mindfulness: superación del dolor emocional de las familias de personas con autismo”. Trátase dun curso de modalidade virtual, adaptado para pais e nais que teñen fillos con autismo, co fin de ofrecer ferramentas para acadar a calma, tentar manexar os estados de estrés e de ansiedade.

Sinálase que os obxectivos do curso son os de transmitir aos pais e familiares de persoas con TEA a necesidade primaria de ocuparse dun mesmo para poder ocuparse dos fillos. En moitas familias o autismo transfórmase nunha “trampa mental” que acosa ao neno ou nena e aos seus pais, porque lidian todos os días con obstáculos que non son fáciles de superar, como os seguintes:

-desamparo institucional.

-exclusión social.

-medo ao futuro.

Podemos engadir moitas outras: desesperanza, soidade, incomprensión, falta de axuda, falta de preparación médica e educativa, falta de inclusión e integración, desprecio, indiferencia, cansancio.

O curso está impartido por Delfina Pérez Martín, Presidenta e cofundadora de Autismo diario, especialista en Mindfulness pola Universidade de Almería.

Dende esta páxina queremos facer chegar os contidos do curso, comentados e valorados, remitindo sempre as fontes. Pero, para aquelas persoas que queran estudialo de primeira man, poden facelo a través da propia páxina de autismo diario no seguinte enlace: https://campus.autismodiario.org/tienda/