Gabinete íchnós

O Gabinete Íchnós (pegada, huella), dependente do Proxecto que leva o mesmo nome, é un espazo de axuda para os nenos e nenas e adolescentes con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), Trastorno de Déficit de Atención con ou sen hiperactividade (TDAH), Trastorno de conducta, Trastornos da aprendizaxe, así como  de asistencia a rapaces e rapazas afectados/as por algunha enfermidade rara ou do metabolismo, entre os catro anos e os 16. Consúltenos para outra franxa de idade.

Tarefas das que se ocupan os nosos profesionais:

-Escoita e asesoramento ás familias das persoas afectadas (tanto presencialmente como a través do teléfono 656558739, en horario de 11.00 a 13.00 da mañá ou de 15.00 a 17.00 da tarde, incluidos os meses de Xullo e Agosto, Sábados, domingos e periodos vacacionais) Para unha cita presencial é preciso que se poña en contacto con nós a través do teléfono ou do correo electrónico da Asociación. Os profesionais que atenden son especialistas nestes campos sinalados, incluidas as enfermidades raras. Este servizo é totalmente gratuito.

-Apoio escolar, de cara a unha educación reglada ou non reglada. 1 hora/10 euros. Os profesionais teñen formación na pedagoxía waldorf, así como en terapia de xogo, son educadores sociais, mestres e profesores doutores, nalgúns casos.

-Coidado por horas das/dos nenas/os para respiro familiar, de maneira individual. Realízanse visitas a exposicións, paseos e terapia con cans, entre outras actividades. 1 hora/10 euros. Un dos nosos cans, Lor, un sétter inglés adoptado eu Euskadi e é a nosa millor axuda.

-Actividades programadas de Mindfulness para os rapaces e rapazas e as súas familias. 1 hora individual 10 euros. 1 hora en grupo 7 euros por persoa. Máximo 10 persoas.

-Actividades programadas de Tai Chi, Qi Gong, Kung Fu e Ioga para os rapaces, rapazas e as súas familias.1 hora individual 10 euros. 1 hora en grupo 7 euros por persoa. Máximo 10 persoas.

As actividades e clases realízanse en Santiago de compostela, Paseo da quinta 23, se ben nos trasladamos segundo os requerimentos de cada familia a outros lugares de Galicia.

Se precisas da nosa axuda para algunha destas cuestións envía un correo a awaichigalicia@gmail.com ou chama ao teléfono 656558739