Proxecto ίχνος

Nos próximos meses verá a luz o Proxecto ίχνος (íchnos. Do grego). Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento Sostible, dirixido pola Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e Fundadora da Asociación Wài.Chi Galicia, María Teresa Vilariño Picos. O Proxecto é unha defensa dunha educación que reactive os principios da Unesco (vid. Unesco.org. e da  Educación para o Desenvolvemento Sostible), mediante cinco grandes proxectos:

sdgs_poster_936_es (2)

3. Saúde e benestar.

4. Educación de calidade. Educación social.

5. Igualdade de Xénero.

10. Redución das desigualdades.

16. Paz, Xustiza e institucións solidarias.

O proxecto pretende crear, como primeira actividade, un gabinete de axuda e orientación a nenos e nenas, e aos seus familiares, con trastornos de conducta, TEA, TDAH, Trastornos de aprendizaxe, en risco de exclusión social e afectados por enfermidades raras, fundamentalmente do metabolismo.