Novidades editoriais

Neste apartado iremos dando entrada das novidades editorias que se vaian publicando en relación cos campos que cubre a nosa Asociación, tentando incluir non só material bibliográfico, senón tamén audiovisual ou outros recursos de utilidade. Aparecerán en primeiro lugar as entradas máis recentes.

Domingo, 7 de Xullo de 2019

Marinoff, Lou (2006). The Middle Way: Finding Hapiness in a World of Extremes. Tradución ao castelán de daniel Cortés e Rosa Pérez. Barcelona: Penguin Random House, 2019.

Canal Youtube Lou Marinoff, www.youtube.com/user/loumarinoff

 

lou-marinoff_detalle_articulotmw-front-coverpoltada-i6n15539988.jpg

Este libro consta de tres partes. A primeira analiza as dinámicas culturais que impulsan tanto a cooperación como os conflictos na aldea global e presenta aos propios filósofos ABC (Aristóteles, Buda, Confucio). No capítulo primeiro examínanse as ideas nas que se sustentan catro grandes civilizacións cuias crenzas e valores fundamentais tenden a diverxer ou a entrar en conflicto, pero que, á vez, vense presionadas pola globalización para converxer e mesturarse. Se queremos reconciliar os extremos que existen en e entre as grandes civilizacións -Occidente, as civilizacións islámica e india e o lonxano Oriente-, debemos decodificar o seu “ADN cultural” e atopar un terreno común. O capítulo dous presenta a proporción áurea de Aristóteles, unha ética da virtude arraigada na xeometría euclidiana que nos axuda a descubrir as nosas virtudes, mentres nos realizamos como persoas. O capítulo 3 presenta o camiño medio de Buda, unha forma sumamente eficaz e non violenta de unir e compatibilizar os millores intereses tanto dos individuos como das comunidades. O capítulo 4 presenta a orde equilibrada de Confucio, unha ética da virtude arraigada na metafísica do yin e o yang que nos axuda a acadar e manter a armonía nas nosas relacións cos demais. O capítulo 5 explora a xeometría sagrada dos filósofos ABC, amosando como os seus símbolos reflexan as súas respectivas filosóficas da moral, a sociedade e a política. Este capítulo tamén revela e ilustra sorprendentes vencellamentos xeométricos que suxiren que os filósofos ABC están relacionados por leis cósmicas.

A segunda parte examina algúns extremos que, por desgracia, todos coñecemos e explica como poden os filósofos ABC axudar a reconciliarnos a través do camiño medio. Todos nós tendemos moitas veces dun extremo a outro, de maneira que vostede pode atoparse nalgún punto deste libro, nun extremo que é posíbel que tomara por norma. O camiño medio tamén é para vostede, non só para os extremistas que viven na porta do lado ou nun país veciño. O capítulo 6 avalía a polarización política, particularmente en Estados Unidos, poñendo de relevo a ausencia dun ben común nas loitas culturais entre os extremistas de esquerdas e os de dereitas. ¿Pode Estados Unidos acadar a armonía civil e  racial? O capítulo 7 examina os extremos sagrado e profano que enxendran o fanatismo relixioso, por unha parte, e a anarquía posmoderna, por outra. ¿Poden os fanáticos relixiosos e anarquistas morales atopar un terreno común? O capítulo 8 analiza a paradoxa dos extremos tribais. A selección natural favoreceu a dispersión demográfica e as hostilidades tribais durante moitos milenios, mentres que a globalización favorece e forza agora a homoxeneización e a mestura tribal. ¿Hai un camiño medio? O capítulo 9 abre a a caixa de Pandora dos extremos: a política das diferencias sexuais humanas e as guerras dos sexos que levan asociadas. O capítulo 10 investiga os extremos cognitivos, examinando o papel de catro tradicións culturais -oral, escrita, visual e dixital- ¿cál é o camiño medio da cognición humana? O capítulo 11 expón os extremos educacionais que conlevan o alfabetismo dos pobres, por unha parte, e o adoutrinamento dos ricos, por outra. O capítulo 12 avalía os extremos económicos da superabundancia e a penuria das necesidades materiais, así como a codicia e a desesperación que enxendran. O capítulo 13 examina os extremos totémicos, dende os nomes comerciais e a imposición de McComidas e McDrogas tóxicas até a prohibición de remedios naturais de utilidade demostrada. O capítulo 14 céntrase en Oriente Medio, a cuna dos extremismos, unha rexión onde ser extremista é o normal. Un dos grandes desafíos aos que se enfronta a aldea global radica en atopar un camiño medio en Oriente Medio. O capítulo 15 analiza o terrorismo, preguntando ¿qué é?, ¿qué podemos facer?, e ¿ónde está o camiño medio?.

A terceira parte céntrase nas cousas que vostede pode facer para aplicar a sabiduría dos filósofos ABC á millora da súa vida e do patrimonio da humanidade. Todos somos nodos dunha  rede mundial e, polo tanto, todos podemos exercer unha influencia palpable aplicando os principios dos filósofos ABC á reconciliación dos extremos cos que nos atopamos a diario, comezando polos nosos propios. O capítulo 16 suxire formas de aplicar estes principios aquí e agora.

Pódese ver loumarinoff.com

Mércores, 19 de Xuño de 2019

Mogi, ken (2017). The Little Book of Ikigai. The Essential Japanese Way to Finding Your Purpose in Life. Tradución ao castelán por Paula Vicens. Ikigai esencial. La sabiduría milenaria japonesa que dará sentido a cada día de tu vida. Barcelona: Penguin Random House, 2018.

Web de Ken Mogi, Imagineering Institute, <http://wwimagineeringinstitute.org/ken-mogi>

Ken Mogi é un experto en Neurociencias e investigador principal do Sony Computer Science Laboratories e Profesor invitado do Instituto Tecnolóxico de Tokio. Mogi foi o primeiro xaponés en facer unha Ted-Talk.

As súas obras teñen sido empregadas a miúdo como fonte para os exames de acceso á Universidade. Con Cerebro e imaxinación  foi galardonado en 2005 co premio Hideo Kabayashi e en 2008 obtivo o Takeo Kuwabara con De aquí a todas partes.

Ikigai esencial. La sabiduría milenaria japonesa que dará sentido a cada día de tu vida.

Pode ler algunhas páxinas deste libro en Google Books.

ikigai-esencial

Vid. entrada sobre Ikigai no blogue da Asociación Wài.chi Galicia.

Prezo: 14.90

Domingo, 15 de Xaneiro de 2017

Bodian, Stephan (2017). Meditación para Dummies. Planeta Libros. CEAC.

Web de Stephan Bodian: <http://stephanbodian.org/>

Web do autor do prólogo Dean Ornish: <http://deanornish.com/>

Prezo: 16.10 euros.

portada___201610111828

Lea o primeiro capítulo en <http://static0.planetadelibros.com/libros_contenido_extra/35/34384_Meditacion_para_dummies.pdf>

Este libro, con prólogo de Dean Ornish, presenta unha aproximación sinxela para aquelas persoas que queran achegarse ao mundo da meditación dunha maneira o máis sinxela posíbel. Posúe, ademais, un arquivo de audios que pode descargarse a través da web.

Venres, 6 de Xaneiro de 2017

Redwood, Ark (ed.) La meditación y el arte de la jardinería. La semilla de la conciencia plena. Siruela. Tiempo de Mirar. Traductor Julio Hermoso.

La meditación y el arte de la jardinería (Tiempo de Mirar) de [Redwood, Ark]

Biografía do autor

Ark Redwood é xardinero xefe dos xardíns de Chalice Well, en Glastonbury, Gran Bretaña. Participa de maneira habitual en retiros centrados na conciencia chea e ten publicado numerosos artigos en revistas sobre a materia.

Recensión do editor

¿Que actividade pode resultar máis acaída que a xardinería para aplicar as novas tendencias da meditación e da atención chea? A meditación e a arte da xardinería explora o cultivo das plantas como un exercicio tanto para o corpo como para a mente. Ark Redwood, xardineiro xefe de Chalice Well, un dos xardíns máis emblemático de Gran Bretaña, que forma parte da rede World Peace Gardens, guíanos por medio da meditación práctica que pode levar asociado o  cultivo das plantas, amplía a nosa conciencia sobre o vivo e, ademais, ofrécenos a súa experta forma de entender a conciencia chea no entorno da natureza. Seguindo capítulo a capítulo a sucesión das estacións, atopamos a maxia do abono, o poder da floración e a capacidade das semillas. Esta obra constitúe unha lectura imprescindíbel para quen pretende aplicar a dimensión da conciencia chea a súa a su maneira de sentir o cultivo das plantas.

Bota unha ollada no seu interior: <https://www.amazon.es/dp/8416854270/ref=zg_bsnr_902718031_9?_encoding=UTF8&psc=1&refRID=CG65F44XP6JDDKWEH7YV>

Xoves, 8 de Decembro de 2016

Kraaz von Rohr, Ingrid (2016). Meditación con colores. La sanación a través de la luz interior. Ediciones Urano.

978847953956
Trátase dunha guía práctica que presenta a meditación con cores como método de recarga de enerxía, e consecución de efectos beneficiosos para distintas dolencias.
•A obra expón a  importancia da luz sobre a saúde. As cores ofrecen unha sinxela ferramenta para millorar o corpo e a mente. “Meditación con cores” describe o efecto e o significado das cores máis importantes ao tempo que ofrece pautas para empregalos na meditación.

Xoves, 1 de Decembro de 2016.

Goleman, Daniel e Peter M. Senge (2016). Triple Focus. Un nuevo acercamiento a la Educación. Ediciones B.

triple-focus

O libro continúa coa liña da Intelixencia emocional de Goleman, atendendo a unha serie de ferramentas e habilidades básicas  para profesionais da educación, pais con fillos en idade escolar e toda aquela persoa relacionada ou interesada na Pedagoxía. Goleman e Senge denominan a este conxunto de habilidades como o “Triple enfoque”.

Os puntos principais deste método, as tres competencias sobre as que traballar son:

-A autoconciencia ou o enfoque nun mesmo.

-A empatía ou a compresión das outras persoas.

-O  pensamento sistémico ou a comprensión do mundo que nos rodea.

Os capítulos están redactados de maneira individualizada por cada un dos autores, cun colofón final escrito de maneira conxunta.

A intención final de Triple Focus é que os nenos de hoxe se convirtan en estudantes máis felices, tranquilos e maduros, co propósito de acadar o éxito nas súas vidas e contribuir aos cambios sociais vitais necesarios para afrontar o seu futuro máis inmediato.

Venres, 25 de Novembro de 2016.
González Martínez, J. Moisès e Montse Rodrigues Fígols (2016). Mindfulness para runnersEjercicios para mantener cuerpo y mente sanos . Cúpula

portada___201605101321

LEA O PRIMEIRO CAPÍTULO 
Sinopse de Mindfulness para runners:
¿Cántas veces o Running se converte en algo puramente mecánico, no que o único que se traballa son os músculos, mentres a cabeza vaga e volta unha e outra vez sobre os mesmos problemas e preocupacións? ¿E se ese rato fose aproveitado para, ademais de correr, pensar de forma construtiva e enriquecernos interiormente?

Esta é a proposta dos coach deportivos Moi Gonzàlez e Montse Rodrigues: unha recopilación de ideas e pensamentos para que eses minutos de exercicio físico sirvan tamén de exercicio mental, para conseguir un corpo e unha mente igualmente tonificados, áxiles e en forma.

Xoves, 24 de Novembro de 2016.

Doria, José María (2016). Las cuarenta puertas. Un camino hacia la inteligencia transpersonal y el mindfulness. La Esfera de los libros.

Primeras páxinas en <http://www.esferalibros.com/uploads/ficheros/libros/primeras-paginas/201606/primeras-paginas-primeras-paginas-del-libro-es.pdf>

“Tienes en tus manos la llave que te hará traspasar las 40 puertas de la sabiduría. Un cuaderno de bitácora que te cambiará la vida.

Puedes recorrer este libro despacio y en pequeñas dosis, o bien hacerlo como una travesía plena de viviendas cruzando cada una de las puertas. En ambos casos será un «antes y después» en tu vida.

La consciencia o «darse cuenta» de lo que se está viviendo, el «estar atentos», representa la capacidad emergente que puede permitir un cambio en el corazón humano. De la misma forma que todos los ríos llegan al mar, lo mismo sucede con nuestra mirada interna: todas conducen a lo profundo de la presencia. Por tanto, asumir la necesidad de silencio e introspección es fundamental para cultivar los propios procesos mentales.

El entrenamiento mindfulness, que José María Doria nos regala en estas páginas, supone un camino hacia la inteligencia transpersonal. El autor nos ofrece sus herramientas prácticas a través de 40 puertas que conviene recorrer despacio, ampliando en cada una de ellas nuestra escucha y nuestra búsqueda de la esencia.

• El goce de crecer

• Meditación y compasión

• Bienvenidos al desengaño y la desilusión

• El halago

• La ansiedad y el desierto

• El futuro será metafísico o no será

La vía mindfulness ha superado el ámbito terapéutico y se ha ex­pandido al mundo de la educación, la salud, la empresa, el deporte… Un fenómeno mundial que nos ayuda a entender que en realidad so­mos testigos privilegiados de una ampliación sin precedentes en la conciencia humana.