17 de Xaneiro ao 23 de Febreiro de 2017. Relaxación e Meditación.

f6d2bbdd82

VI Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde

Martes e Xoves, do 17 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2017.

A Fundación USC Deportiva, en colaboración coa spinn-off Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica organiza un Obradoiro de técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde.

Esta actividade enmárcase dentro dun proceso de colaboración que iniciaron as dúas entidades e continúa coa liña formativa que está a desenvolver a Fundación dende principios do ano 2013.

Xuntos, Atención Psicológica y Psiquiátrica é unha empresa participada pola Universidade de Santiago de Compostela, dedicada a prestar servizos integrais no ámbito do benestar e a saúde mental baseados en resultados derivados da investigación.

O Obradoiro desenvolverase en 12 sesións de unha hora cunha frecuencia de dúas sesións semanais, nun grupo de entre 8 e 15 participantes.

Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.

Impartirán a actividade Laura Buj López, de Xuntos, e Amancio Rial Bouza, da Fundación USC Deportiva. A actividade está aberta a calquera persoa interesada na temática.

Datas

Martes e xoves do 17 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2017 (ambos incluidos)

Horario

De 17:00 a 18:00 horas.

Lugar

Sala multiusos do Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela)

Prezo

150 €

Docentes

Laura Buj López

Laura Buj é Psicóloga Xeral Sanitaria titulada pola Universidad de Oviedo e Máster pola Universidade de Santiago de Compostela, con experiencia clínica no ámbito da relaxación, o Mindfulness e a psicoloxía positiva.

Amancio Rial Bouza

Amancio Rial leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marcíais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Na actualidade é tamén membro da Asociación Reiki Compostela.

Destinatarios

Esta actividade está dirixida a calquera persoa interesada no coñecemento destas técnicas e en profundar na temática que abordará o curso, así como na adquisición das ferramentas que proporciona para poñelas en práctica e aplicalas aos estados de estrés e ansiedade.

Programación

  • Sesión 1: Presentación e técnicas de respiración
  • Sesión 2: Relaxación muscular progresiva e relaxación por movementos pasivos
  • Sesión 3: Meditación e Mindfulness (atención plena)
  • Sesión 4: Manexo do tempo e adestramento autóxeno
  • Sesión 5: Posicións para a práctica da meditación
  • Sesión 6: Consciencia plena e o tempo libre
  • Sesión 7: A meditación na tradición histórica e cultural I:Vispassana, os cinco principios. Vivir o momento: o Wabi Sabi
  • Sesión 8: Visualización sensorial e o papel dos pensamentos ansióxenos
  • Sesión 9: A meditación na tradición histórica e cultural II: A meditación dinámica
  • Sesión 10: A visión dun mesmo como xeradora de ansiedade
  • Sesión 11: Meditación, saúde e deporte
  • Sesión 12: Escaneo corporal e avaliación do nivel de estrés actual

Prazas

O curso contará cun  máximo de 15 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe interesada na temática. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición. Para inscribirse utilizarase este formulario on line.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva.

No caso de que o venres 13 de xaneiro non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso.

De ter chegado ao mínimo de persoas inscritas nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A incrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento a través da nosa páxina web non é preciso enviar este xustificante).

Pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  • 1.  On line
  • 2.  Facendo un ingreso ou transferencia  nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, por correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.

Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico:  contacto@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo:  Fundación USC Deportiva. Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

Máis información: Fundación USC Deportiva: 881.975.399- contacto@fundacionuscdeportiva.org
Xuntos: 881.256.238- xuntos@xuntospsicologia.com

Asistencia

Os alumnos/as do Obradoiro obterán un diploma acreditativo de asistencia ao finalizar o mesmo sempre e cando asistan a un mínimo do 75% das sesións.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade dos datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.

Advertisements