Equipo

 

María Teresa Vilariño Picos (Fundadora)

Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesora titular de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na mesma Universidade dende 1993 foi a fundadora da nosa Asociación. Actualmente ten delegadas todas as funcións no presidente da Asociación para adicarse de cheo ao voluntariado e ao coidado do seu fillo con dúas enfermidades raras.

Instructora Mindfulness, formada con Javier García Campayo (Universidade de Zaragoza) e Andrés Martín Asuero (Fundador do Instituto Mindfulness), e co BMIT, entre outros, é especialista en trastornos de conducta e aprendizaxe infanto xuvenís, en TEA e TDAH, así como en trastornos de ansiedade e estrés na mesma franxa de idade. Está rexistrada na IMTA (International Mindfulness Teachers Association). Ten traballado con distintas asociacións adicadas ao Trastorno do Espectro do autismo como a Asociación Raiolas Lugo, a Asociación de Pais de persoas con diversidade funcional de Teo, Aspamite, a Fundación Amigó e o seu Proxecto Conviviendo, así como a Asociación Anxiños, de atención a nenos e adolescentes con enfermidades mentais graves. Experta en Coaching integral pola UNED (2019), estuda actualmente o Grao en Educación Social e o Máster Propio en Enfermidades Metabólicas Hereditarias da Universidade de Santiago de Compostela, así como o Máster propio en Psiconeuroinmunología clínica da Universidade de Salamanca.

 Amancio Rial Bouza (Presidente)

Leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva, así como na FEUGA. Asemade, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Experto en Mindfulness e no programa MBSR. Dirixiu durante anos as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesoraba aos traballadores en coidados da saúde. Experto en Artes marciais chinesas, é membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Así mesmo  é o Presidente da Asociación galega para a investigación e a práctica da Meditación e as artes marciais chinesas (MAM.CHI). É o Profesor encargado de levar a meditación ás aulas dos Colexios, mediante o Proxecto íchnós.

 Olalla  Vilariño Picos (Secretaria e Xerenta)

Licenciada en Xornalismo pola USC e Técnica Superior en Realización de Audiovisuais e Espectáculos. Desempeña as tarefas de Realizadora para o Grupo Atresmedia en la Sexta Noticias, informativos. Cooperante ACNUR.

Miguel Ángel González del Río (Coordinador de voluntariado e de proxectos humanitarios)

Enxeñería técnica industrial. Coordinador de proxectos educativos e culturais no Grupo Evento Actual. Xestión e produción de campañas divulgativas en concellos e coordinación en eventos de empresas como Mapfre, Telefónica, Microsoft, Ferrovial, Galp… Actualmente desenvolve o seu traballo no Grupo Atresmedia e, sobre todo, nas carreiras ¡Ponle freno!

 Socias colaboradoras:

Beatriz Rey Tilve (Psicóloga colexiada G-3688).

  • Licenciada en Psicoloxía pola USC.
  • Mestrado en Psicoloxía Humanista Integrativa por Galene.
  • Clínica E.M.D.R.
  • Formación en Gestalt
  • Formación en Constelacións Familiares.
  • Formación en Análise Transaccional.
  • Formación en Focusing.
  • Formación en Psicodrama.
  • Formación en E.F.T.
  • Formación en Brainspotting. Nivel 1.
  • Formación en Duelo.
  • Experta Universitaria en Homeopatía pola Universidad de León.
  • Terapeuta Floral. Sistema Flores de Bach, impartido por Salud Zárate.
  • Brainspotting, nivel 1.
  • Terapia individual, de parellas, en grupo e por Skype.
  • Máis información en  <http://beatrizreytilve.com/>

José Antonio Mesías Paz (Masaxista terapéutico)

Estudou quiromasaxe e masaxe terapéutico en A Coruña e Santiago de Compostela.

Mónica Silvia Ugobono (Profesora de Literatura e Bibliotecaria)

Autora dos libros Blanco y Negro: Poemas 1976-1984, e Aire Fresco. Colabora con contos curtos e artigos bibliotecolóxicos e literarios en diferentes publicacións internacionais.
Membro de AUSO (Asociación de Usuarios do Servizo de Oncoloxía)

José Luis Gigirey (Enfermeiro e fotógrafo)

O meu nome é  José Luis Gigirey, natural de Santiago de Compostela.  Enfermeiro de profesión, pero con dúas grandes paixóns: a primeira, a miña FAMILIA e, a segunda, a FOTOGRAFÍA DA NATUREZA. Entendo a fotografía coma un arte, onde a cámara se convirte no pincel e a natureza nun lienzo. Coas miñas imaxes intento transmitir a BELEZA DO COTIÁ.

Cada fotografía supón un reto, un xeito de transmitir sensacións, de provocar emocións, de despertar curiosidades. Nesa búsqueda é fundamental a observarción, a paciencia, a constancia, a experiencia, a perseverancia, o esforzo… pero, sobre todo, a PAIXÓN.  Sen paixón non hai arte.” <http://jlgigirey.com>

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.