Obradoiro cos nenos e nenas de ASPAMITE

Grupo Aspamite(1)O venres 6 de xuño celebramos no tatami da USC un encontro cos nenos e nenas de ASPAMITE (Asociación de pais de persoas con discapacidade de Teo). O obradoiro estivo impartido polo profesor da Fundación USC deportiva  Amancio Rial Bouza. Rial Bouza é especialista en Tai chi, Chi kung, Kung Fu e Meditación e leva anos ofrecendo a súa docencia na USC. A Universidade de Santiago cedeu o seu espazo do Campus Vida para esta actividade de “voluntariado” da Asociación Reiki Compostela.

Os 25 asistentes, co apoio e cariño das súas seis monitoras, compartiron unha hora e media de psicomotricididade, meditación e danzaterapia, ensinándonos a todos os asistentes a forza,  enerxía e apaixonamento que teñe este grupo para afrontar os traballiños que se lles propuxo.

¡Grazas a ASPAMITE,  e a Rosa González Blanco, por deixarnos compartir unha tarde con vós, ás monitoras, aos nenos e nenas (José, Juan, Reyes, Laura, Mary, José Manuel, Martita, Manuel, Ana, Tomás, Cristina, Pilar, Alberto, Samuel…) e a USC polo seu compromiso cívico e social!.

Mª. T. Vilariño Picos. Presidenta Asociación Reiki Compostela, en nome de todos os membros da Asociación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s