18 de abril de 2015. Curso de Ioga Tibetano e Meditación

foto

MESTRE:

Segundo Rego Esmorís. Instructor de Ioga Tibetano pola Escuela Internacional Lhakhang Gompa. Monitor de MeditaciónLíder de Ioga da Risa. Mestre e Terapeuta Profesional Federado de Reiki Ryoho e Reiki Jutsu: Usui Tibetano, Usui Tradicional Xaponés – Komyo Reiki kai, Reiki Combat e Karuna  (6ª Xeración da Linaxe directa de Usui, a 3ª Xeración da Linaxe Komyo e a 2ª Xeración de Reiki  Combat Jutsu). 

 DESCRICIÓN:

O Ioga Tibetano é un sistema de traballo e exercicios que segue os principios da Medicina Tradicional Tibetana e da tradición BönO Ioga Tibetano atende ao corpo de forma harmónica, favorece a relaxación mediante a respiración, centrando a mente nos exercicios, o que mellora notablemente a nosa calidade de vida.

Con esta práctica podemos combater enfermidades, liberarnos das emocións negativas e incrementar o noso nivel enerxético de xeito moi efectivo. Segundo a Medicina Tradicional Tibetana, a enfermidade é o resultado dun desequilibrio dos elementos ou os humores do corpo. Mediante a combinación de forma e movemento, e usando axeitadamente a respiración, o Ioga Tibetano abre suavemente as canles do corpo, liberando os bloqueos e redirixindo a enerxía. Deste modo, harmonízanse os elementos e os humores no corpo, mellorando a saúde física, a claridade mental e o vigor enerxético.

O Ioga Tibetano é unha forma sinxela de conectar coa nosa verdadeira natureza. Unha práctica sandadora e meditativa que achega conciencia, sensibilidade interna e concentración mental, o cal é a base para calquera práctica.

O curso inclúe exercicios especiais de Tummo, meditación e respiración. Practícanse series estáticas e dinámicas.

DATOS DO CURSO:

Lugar: NH Santiago de Compostela. Horario: de 10.00 a 14.00. Prezo: 60 euros, co 40 por cen de desconto para socios e socias da Asociación Reiki Compostela. Reservamos catro prazas co 40 por cen para persoas con discapacidade, desempregados ou familia numerosa. Para matricularse, envíe un correo a areikicompostela@gmail.com

Advertisements

2 comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s