15 de marzo de 2014. I monográfico de Tai Chi para a saúde

Taichi_9014

Asociación Reiki Compostela, entidade colaboradora.

http://fundacionuscdeportiva.org/fileadmin/arquivos/pdfs_non_publicos/Cartel%20Curso%20Tai%20chi.pdf

 

O 15 de marzo Amancio Rial dispensará un curso de achegamento ao Tai Chi nas instalacións do Colexio Maior Rodríguez Cadarso. O prezo da actividade é de 20 euros ou 25 euros incluída a comida. O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8.

O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os currunchos do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras  disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construír o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.

Os antigos mestres chineses concibían o tai chi como a arte suprema para manter a saúde ou, nos seus termos, o correcto fluxo de enerxía “chi” ao longo dos meridianos e dos distintos órganos. O seu carácter relaxado e meditativo fai que esta disciplina obteña moi bos resultados a nivel mental, de equilibrio emocional e enerxético. Deste xeito, o tai chi é moi efectivo para todo tipo de persoas, independentemente da súa idade ou formación física. Por exemplo, o tai chi resulta de grande utilidade para persoas de idade avanzada, con debilidade, ou enfermas, que recuperan o seu benestar polos movementos lentos e precisos. Por outra banda, cando se orienta a deportistas profesionais, permite mellorar o seu rendemento ou complementar os seus adestramentos.

Por último, existen numerosos estudos científicos que avalan a eficacia do tai chi como terapia para tratar doenzas como o párkinson, reuma, artrose, enfermidades dexenerativas,  estrés, ansiedade ou depresión.

Obxectivos

  • Achegarse á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre  o corpo e a mente.
  • Coñecer algunhas das técnicas de respiración, meditación e relaxación.
  • Fundamentar un correcto movemento baseado nas ideas chinesas do yin e do yan, o desprazamento circular e a adecuada posición do corpo.
  • Adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado saudable físico-mental ao longo da nosa vida.

Contidos

Chi Kung:

1. Técnicas de automasaxe.

2. Técnicas de estimulación de puntos de acupuntura.

3. Técnicas de respiración.

4. Técnicas de control mental.

Tai Chi:

1. Introdución ao movemento circular continuo.

2. Formas “Tao Lu” básicas.

3. Respiración, concentración e meditación en movemento.

4. Circulación da enerxía ou Chi a través do corpo.

Meditación:

1. Meditación en pé “Zhan Zhuang”.

2. Meditación do movemento inducido “Zi Fa Kung”.

3. Meditación tombada taoísta “Wu Chi”.

4. Meditación sentada budista “Chan ou Zen”.

Se o tempo acompaña, algunha das sesións realizarase no exterior.

Profesor: Amancio Rial Bouza

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC deportiva. Ademais, realizou  seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Data e horario de realización

Sábado 15 de marzo de 2014

De 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

No tempo libre do mediodía, se a climatoloxía o permite, farase, despois de xantar, unha sesión de tai chi á beira do río Sarela. Iniciarase ás 15:00 h.

Lugar

  • Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela). Sala de Xuntas (4ª planta)

Prezo

Existe a posibilidade de incluír no prezo do curso a comida, que terá lugar na cafetería do Colexio Maior Rodríguez Cadarso.

  • Sen comida: 20 €
  • Con comida: 25 €

Número de prazas

O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de idade que o desexe xa que non é necesaria experiencia previa. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 10 de marzo non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

Para realizar a inscrición cumprimente este formulario.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario e unha vez que se teña  recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Novagalicia Banco:  ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo: Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela.

Material necesario

Os participantes na actividade deben levar calzado cómodo, unha pequena manta e auga.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade dos datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (Despachos 2 e 3), Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s