15 de Novembro de 2014. Obradoiro de Introdución ao Mindfulness

 

LogoReikiNegro(2)Mam.chi logo web

mindfulness

 

A Asociación Reiki Compostela e a Asociación para a investigación e a práctica das Artes Marciais Chinesas (Mam-Chi) organiza un novo obradoiro de Mindfulness para aquelas persoas  que non puideron asistir á xornada anterior. Neste caso, o número de prazas será unicamente de dez  e celebrarase no local da Asociación, Praza Nosa Señora da Mercé de Conxo, o sábado 15 de novembro de 2014. O obradoiro realizarase igual independentemente do número da matrícula.

Horario: 9.30 a 14.00 con pausa para café, a cargo das Asociacións.

Lugar: Praza Nosa Señora da Mercé de Conxo.

Prezo: 40 euros. Exercerase un 20 por cen de desconto para os socios das dúas Asociacións impl¡cadas, así como un 40 por cen para as persoas con discapacidade, en situación de desemprego ou familias numerosas.

Pode matricularse no enderezo areikicompostela@gmail.com, onde se lle facilitará o número de conta para facer o ingreso.

O curso estará impartido polo profesor  da Fundación USC deportiva DinaHosting  Amancio Rial Bouza.

O PROFESOR:

Amancio Rial Bouza leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, Wing Chun, Chi Kung e técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marcíais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Na actualidade é tamén membro da Asociación Reiki Compostela e o presidente da Asociación Galega para a investigación e a práctica da Meditación e das artes marciais chinesas.

CONTIDOS:

O curso será fundamentalmente de carácter práctico e realizaranse varias meditacións ao longo da mañá, ensinando distintas técnicas e ferramentas
asociadas ao Mindfulness, se ben abordarase a meditación dende perspectivas moi diversas. Aínda que non é concebido como un curso teórico, non é unha
conferencia, tratarase de dar resposta ás seguintes cuestións, que estarán de fondo agochadas en todo momento:
¿Qué é o Mindfulness?
¿Que novidades presenta con respecto á meditación clásica?
¿Qué beneficios reporta esta técnica da atención plena?
¿Cánto tempo é nesesario practicala? ¿Require de cualidades ou destrezas específicas?
¿Cómo podemos poñer en práctica o Mindfulness na nosa vida diaria?
¿En que se basea o éxito do Mindfulness?
¿Por que se aconsella facer Mindfulness?

MATERIAL:

A Asociación conta con zafus de meditación se ben sería recomendábel
que aquelas persoas que teñan unha esterilla propia, as levasen consigo., ademais dunha mantiña para taparse nas meditacións. A roupa deberá ser cómoda, se ben non necesariamente de deportes.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s