7 de Decembro de 2013. Meditación.

 Arbol sanador

Curso de Meditación

Prof. Amancio Rial Bouza

Secretario da Asociación Reiki Compostela

Día 7 de decembro de 2013. De 9.30 a 14.00

Prezo: 25 euros.

Xa socios: 40% de desconto

Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Campus Vida. USC

Máis información en areikicompostela@gmail.com

Programa do curso:

Amancio Rial Bouza

Amancio Rial Bouza leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asemade, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Na actualidade é tamén o Secretario da Asociación Reiki Compostela.

Contidos:

Meditación e Mindfulness.

1. Principios fundamentais da meditación.

2. Qué é e que non é meditar. Desmontando os tópicos.

Práctica meditativa.

  1. Posicións para a práctica da meditación.
  1. Savasana (posición tumbados)
  2. Zazen (posición sentados)
  3. Zhan Zhuang (posición en pé)
  4. Técnicas de respiración (Pranayama, Nei dan, Wai dan)

Práctica meditativa.

  1. A meditación Vipassana.

A relaxación adecuada.

  1. O exercicio adecuado.
  2. A respiración adecuada.
  3. A dieta adecuada.
  4. O pensamento positivo.

Práctica meditativa.

4.       A  meditación dinámica:

  1. O movemento como senda para a calma e a concentración.
  2. O Chi Kung e o Tai Chi.

Práctica meditativa.

Requisitos e metodoloxía de ensinanza:

Non é necesario ningún requisito nin coñecemento previos. Agradécese que os/as alumnos/as leven un cobertor para poder taparse. De telo, poden acompañarse tamén dun zafu de meditación ou doutro obxecto similar. Procurarase estar hidratado/a en todo momento. As sesións serán fundamentalmente de carácter práctico e interactivas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s