25 de Outubro de 2014. Introdución ao Mindfulness (atención plena)

Mam.chi logo webLogoReikiNegro(2)mindfulness

Horario: 9.30 a 14.00

Lugar: Residencia Burgo das Nacións. Campus Norte. Universidade de Santiago de Compostela

Prezo: 40 euros. Exercerase un 20 por cen de desconto para os socios das dúas Asociacións impl¡cadas, así como un 40 por cen para as persoas con discapacidade, en situación de desemprego ou familias numerosas.

Número de prazas: 20

Pode matricularse no enderezo areikicompostela@gmail.com

A Asociación Reiki Compostela, coa Asociación galega para a investigación e a práctica da Meditación e das artes marciais chinesas, celebrará o día 25 de outubro o I curso de Introdución ao Mindfulness. O curso desenvolverase na Residencia Burgo das Nacións, segundo piso, entre as 9.30 e 14.00 dese sábado.

O curso estará impartido polo profesor  da Fundación USC deportivaDinaHosting  Amancio Rial Bouza.

O PROFESOR:

Amancio Rial Bouza leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, Wing Chun, Chi Kung e técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marcíais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Na actualidade é tamén membro da Asociación Reiki Compostela e o presidente da Asociación Galega para a investigación e a práctica da Meditación e das artes marciais chinesas.

¿Qué é o Mindfulness?

Mindfulness, quere decir atención plena e consciente no presente, sen condicionamento ou enxuizamento, para tentar calmar a mente. Centrarse no aquí e no agora.

A lista de beneficios da meditación é inmensa. Hai personas que queren deixar de fumar e, ademais de logralo, danse de conta de que durmen millor, ou que lles baixa a presión arterial e os seus problemas respiratorios milloraron. Outras buscan no mindfulness un alivio do seu  estrés «Cada persoa recibe o que necesita, orienta o beneficio da meditación hacia o seu propio camiño persoal»

O mindfulness está a adquirir un grande peso a nivel internacional e hai empresas como Google que xa adican un tempo da xornada laboral para empregalo nun espazo de calma.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s