24 de Maio de 2014. II curso de iniciación á Meditación e ao movemento.

meditación obradoiro

II Curso de iniciación á meditación e o movemento

Asociación Reiki Compostela, entidade colaboradora.

[Cubertas todas as prazas] 24 de maio

A meditación, practicada dende hai uns 3.000 anos, principalmente no mundo oriental, comezou a ter moita acollida en Occidente na década dos anos sesenta, cando os científicos deron a coñecer que o uso das diferentes técnicas empregadas pola mesma proporcionaba unha extraordinaria concentración e relaxación.

Cubertas todas as prazas

O propósito da meditación é, de maneira primordial, cultivar estados mentais que nos aporten benestar e tranquilidade. Podemos sinalar que algúns dos beneficios que subministran estas prácticas son os da relaxación física, a capacidade para superar o estrés, a conciencia sobre os procesos da mente, o desenvolvemento dos pensamentos creativos, o fortalecemento da memoria ou o fomento da autocomprensión e da empatía.

Obxectivos

  • Desenvolver o hábito da meditación por medio dun sistema natural e sinxelo que non require ningún tipo de esforzo.
  • Tomar conciencia dos nosos procesos de pensamento, do control da respiración e a postura corporal.
  • Achegar aos participantes diferentes técnicas de meditación a través de disciplinas como, entre outras, o Tai Chi, o Chi Kung e o Ioga.
  • Adquirir ferramentas de diferentes escolas para a práctica persoal da relaxación e os coidados da saúde.
  • Aproximar aos participantes ao Taoísmo como fonte da práctica, do mesmo xeito que ao Budismo e ao Zen Xaponés.

Contidos

  • Iniciación ao Tai Chi-Chi Kung.
  • Traballo básico en Asanas de Ioga.
  • Técnicas de respiración.
  • Meditación sentada (zazen).
  • Meditación en pé (Zhan Zhuang).
  • Camiñada meditativa (realizarase despois da comida se o tempo acompaña).
  • Exercicios de coordinación e sensitivos por grupos.
  • Control da postura corporal.
  • Visión oriental da enerxía e a saúde. Introdución aos meridianos e chacras.
  • Técnicas de soños guiados.

Profesor

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC deportiva. Ademais realizou  seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento.  Ten viaxado por Asia e traballado con varios  Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Data e horario de realización

Sábado 24 de maio. De 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.

No tempo libre do mediodía, se a climatoloxía o permite, farase unha camiñada meditativa despois de comer. Iniciarase ás 15:00 h.

Lugar

Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela). Sala de Xuntas (4ª planta)

Prezo

Existe a posibilidade de incluír no prezo do curso a comida, que terá lugar na cafetería do Colexio Maior Rodríguez Cadarso.

  • Sen comida: 20 €
  • Con comida: 25,60 €

Número de prazas

  • Cubertas todas as prazas

O curso contará cun máximo de 20 prazas e un mínimo de 8. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición

Pode inscribirse calquera persoa maior de idade que o desexe xa que non é necesaria experiencia previa. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 19 de maio non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto este formulario e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

Forma de pagamento

Existen dúas formas de facer o pagamento:

  1. On line
  2. Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
  • Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
  • Novagalicia Banco: ES07 2080 0388 2730 4000 0932
  • Correo electrónico: contacto@fundacionuscdeportiva.org
  • Enderezo: Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela

Material necesario

Os participantes na actividade deben levar unha pequena manta e auga.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos

As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

Protección e seguridade dos datos

Informamos que os datos persoais que se faciliten serán incorporados a un ficheiro titularidade da Fundación USC Deportiva, ao abeiro do disposto na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal, e co fin de xestionar as actividades e difusión dos eventos organizados pola Fundación, sabendo que se poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante unha petición escrita dirixida á Fundación USC Deportiva, Edificio FEUGA (despachos 2 e 3), rúa Lope Gómez de Marzoa s/n – Campus Vida, 15705, de Santiago de Compostela.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s