24 de Setembro de 2016. Seminario práctico de Mindfulness

Seminario práctico de Mindfulness 

formacion_mindfulness-1024x874

Horario: De 10.00 a 14.00.

Prezo: 30 euros.

Prazas: 25. De non acadar un mínimo de 10 matriculados/as o Seminario aprazarase.

A Asociación Wài-Chi Compostela e a Asociación Mam.Chi para a investigación e práctica da meditación e as artes marcias chinesas celebrarán o Seminario práctico de Mindfulness  o Sábado 24 de Setembro de 2016 no horario sinalado máis arriba.

CONTIDOS:

O curso é fundamentalmente de carácter práctico, realizando varias  meditacións ao longo da mañá e ensinando distintas técnicas e ferramentas asociadas ao Mindfulness, se ben abordarase a Meditación dende perspectivas moi diversas.  Aínda que non é concebido como un curso teórico, non é unha conferencia, tratarase de dar resposta ás seguintes cuestións, que estarán de fondo agochadas en todo momento:

PROGRAMA:

¿Qué é o Mindfulness?

¿Que novidades presenta con respecto á meditación clásica?

¿Qué beneficios reporta esta técnica da atención plena?

¿Cánto tempo é nesesario practicala? ¿Require de cualidades ou destrezas específicas?

¿Cómo podemos poñer en práctica o Mindfulness na nosa vida diaria?

¿En que se basea o éxito do Mindfulness?

¿Por que se aconsella facer Mindfulness?

MATRÍCULA:

Pode facer a reserva de praza no enderezo electrónico awaichicompostela@gmail.com

Material de apoio:

‘Mindfulness’: La atención plena.. En <http://elpais.com/elpais/2014/12/05/eps/1417796395_262217.html>

Conferencia impartida por J. Kabat Zinn en la UCM. Mindfulness para afrontar el estrés, dolor y la enfermedad, En <https://www.youtube.com/watch?v=mmdqidh3-N4>

 

 

 

 

Advertisements