Imaxe de Jimmy Liao, con Copyright.
O día 21 de Xaneiro de 2017 realizaremos un curso intensivo de Meditación e Respiración para a corrección postural, disminución de dores e alivio do estrés, abordando 25 técnicas diferentes.
Obxectivos e finalidade do curso:
Neste curso, fundamentalmente práctico, e dividido en dúas partes, faranse exercicios moi diversos relacionados coa Meditación e a Respiración cos obxectivos seguintes:
1. Aprendizaxe de ferramentas e habilidades que millorarán a capacidade de manexar o estrés e as condicións de saúde relacionadas co estrés.
2. Aumentar a enerxía e a produtividade.
3. Millorar a respiración e acadar unha corrección postural do corpo.
4. Incrementar a concentración e o foco atencional.
5. Aumentar a relaxación física e mental.
6. Responder eficazmente a situacións estresantes da vida.
Técnicas:
1. Respiración básica.
2. Posturas de relaxación e meditación.
3. Meditación co uso de Mantras.
4. Meditación coas mans. Mudras.
5. Respiración alternando as fosas nasais.
6. Exercicio de conciencia corporal e da respiración.
7. Respirando sentado/a con estiramentos.
8. Respiración Ujjayi.
9. Respiración e meditación no día a día.
10. Pranayama tumbados/as.
11. Técnica Kapalabhati.
12. Inspiracións y espiracións iguais.
13. Respiración Yin para os riles.
14. Respiración en tres partes.
15. Encher e baleirar os pulmóns.
16. Respiración sonrinte.
17. Empurra a montaña.
18. Respirar coa agua.
19. Respirar con todo o corpo.
20. Meditación e respiración dun minuto.
21. Respiración diafragmática.
22. Respiración tibetana.
23. Respiración rítmica.
24. Respiración Hara (abdominal)
25. Shavasana. Relaxación final
Sorteo: Sortearanse dous zafus entre os asistentes.
Requisitos: Ningún.
Material que se deberá levar. Unha esterilla. A Asociación aportará os zafus de meditación.
Custo do Curso: O Curso ten un prezo de 40 euros. Aplicarase un dez por cen de desconto para socios e socias da Asociación, familias numeroas, persoas en situación de desemprego, maiores de 60 e persoas con discapacidade.
Horario: De dez a dúas, e de catro a seis.
Número de prazas: 15
Inscrición:
Pode preinscribirse enviando unha mensaxe a awaichicompostela@gmail.com. A incrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario que se lles envíe e unha vez que se teña recibido o xustificante do pagamento do curso. O pagamento farase efectivo no seguinte número de conta da Asociación: ES23 1465 0100 92 1900211428, DE ING, ou de maneira presencial na nosa Clínica de Doutor Teixeiro, 28, 1º.
Máis información en awaichicompostela@gmail.com
Asistencia
Os alumnos/as do Obradoiro obterán un diploma acreditativo de asistencia ao finalizar o mesmo.