Clases regulares

qigongfeatureA Asociación Wà.Chi Galicia imparte clases especializadas e regulares, de xeito individual, ou en grupos reducidos cun máximo de catro persoas, co fin de aportar unha atención máis individualizada. Os docentes son expertos cualificados, titulados e recoñocidos polo IMTA (Institute of Mindfulness Teachers Association), cunha grande experiencia práctica. As clases regulares céntranse no Mindfulness, Meditación, Relaxación, control de estrés e respiración, Tai Chi Chuan, Qi Gong e Ioga.

As clases son todos os mércores, de dez a unha, ou sábados, de dez a unha, previa cita. Poden concertarse, igualmente, clases individuais, para outros días da semana, igualmente previa cita.

Prezos de clase individual. Non se paga matrícula.

Unha clase solta (75 minutos): Mércores (20 euros), Sábado (25 euros)

Abono de cinco clases (seis horas e media, sesións de 75 minutos cada unha) (non caduca): Mércores (90 euros) e Sábados (110 euros)

Abono de dez clases (12 horas e media, sesións de 75 minutos cada unha) (non caduca): Mércores (180 euros) e Sábados (230 euros)

Prezo de clases en grupo. Non se paga matrícula.

4 sesións ao mes (75 minutos á semana): 40 euros/Persona

8 sesións ao mes (2 sesións de 75 minutos cada unha): 60 euros/Persona

Fixe unha clase en awaichigalicia@gmail.com

Advertisements