II Curso monográfico de taichi/chi kung. Sábado 14 de decembro


O tai chi chuan, comunmente chamado tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todos os rincóns do mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas. Esta arte de perfil psicofísico, ao igual que o Ioga, entre outras disciplinas orientais, chegou a Occidente non só para construír o seu propio contexto, senón tamén para adaptarse á nosa cultura.
Os antigos mestres chineses concebían o tai chi como a arte suprema para manter a saúde ou, nos seus termos, o correcto fluxo de enerxía “chi” ao longo dos meridianos e dos distintos órganos. O seu carácter relaxado e meditativo fai que esta disciplina obteña moi bos resultados a nivel mental, de equilibrio emocional e enerxético. Deste xeito, o tai chi é moi efectivo para todo tipo de persoas, independientemente da súa idade ou formación física. Por exemplo, o tai chi resulta de grande utilidade para persoas de idade avanzada, con debilidade, ou enfermas, que recuperan o seu benestar polos movementos lentos e precisos. Por outra banda, cando se orienta a deportistas profesionais, permite mellorar o seu rendemento ou complementar os seus adestramentos.

Por último, existen numerosos estudos científicos que avalan a eficacia do tai chi como terapia para tratar dolencias como o párkinson, reuma, artrose, enfermedades dexenerativas, estrés, ansiedade ou depresión.

Obxectivos
Achegarse á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre o corpo e a mente.
Coñecer algunhas das técnicas de respiración, meditación e relaxación.
Fundamentar un correcto movemento baseado nas ideas chinesas do yin e do yan, o desprazamento circular e a adecuada posición do corpo.
Adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado saudable físico-mental ao longo da nosa vida.
Contidos
Chi Kung:

Técnicas de automasaxe.
Técnicas de estimulación de puntos de acupuntura.
Técnicas de respiración.
Técnicas de control mental.
Tai Chi:

Introdución ao movemento circular continuo.
Formas “Tao Lu” básicas.
Respiración, concentración e meditación en movemento.
Circulacion da enerxía ou Chi a través do corpo.
Meditación

Meditación en pé “Zhan Zhuang”.
Meditación do movemento inducido “Zi Fa Kung”.
Meditación tumbada taoísta “Wu Chi”.
Meditación sentada budista “Chan ou Zen”.
Se o tempo acompaña, algunha das sesións realizarase no exterior.

Profesor; Amancio Rial Bouza
Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva máis de trece anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC deportiva. Asimesmo, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu durante anos as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesoraba aos traballadores en cuidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Datas e horarios de realización
Sábado 14 de decembro de 2019
De 10:00 a 14:00 e de 15:30 a 17:30 horas.
Lugar
Aula de Ensaios da Residencia Universitaria Monte da Condesa.
Campus Vida, s/n (Santiago de Compostela).

Prezo
40 € (sen comida)
45,70 € (con comida incluida no Restaurante Monte da Condesa)
Para aquelas persoas que se queden a comer, unha vez rematada a comida e antes de comezar a quenda da tarde do curso, realizarase unha pequena sesión de introdución ao Mindfulness.

Número de prazas
O curso contará cun máximo de 15 prazas e un mínimo de 6. En caso de non acadarse o mínimo establecido procederase á anulación do curso e á devolución das taxas aboadas.

Inscrición
Pode inscribirse calquera persoa maior de 16 anos que o desexe xa que non é necesaria experiencia previa. As prazas iranse cubrindo por rigorosa orde de inscrición.

O prazo de inscrición comezará no momento da publicación do curso na páxina web da Fundación USC Deportiva. No caso de que o día 11 de decembro non se teña chegado ao mínimo de participantes procederase á anulación do curso. De ter chegado ao mínimo de inscritos nesa data pero haber aínda prazas libres, continuará aberto o prazo de inscrición.

A inscrición considerarase feita unha vez cuberto o formulario on line e unha vez que se teña recibido na Fundación o xustificante do pagamento do curso (no caso de optar polo pagamento on line non é preciso enviar este xustificante).

É obrigatorio enviar tamén por correo electrónico a info@fundacionuscdeportiva.org a cláusula informativa cuberta e asinada.

Forma de pagamento
Existen dúas formas de facer o pagamento:

On line
Facendo un ingreso ou transferencia nalgún dos seguintes números de conta e facéndonos chegar o xustificante escaneado, correo postal ou traéndoo presencialmente á sede da Fundación.
Caixa Rural Galega: ES82 3070 0035 2660 6938 4920
Abanca: ES07 2080 0388 2730 4000 0932

Correo electrónico: info@fundacionuscdeportiva.org
Enderezo: Edificio FEUGA. Despachos 2 e 3. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. 15705 Santiago de Compostela.

Material necesario
Os participantes na actividade deben levar ropa cómoda de algodón, calzado deportiva para as actividades que se fagan no exterior, unha pequena manta e auga.

Renuncia á praza e devolución dos ingresos
As cantidades pagadas só serán devoltas cando non se poida utilizar o servizo por causa de forza maior non imputable ao interesado. Estas causas deberán ser debidamente xustificadas na solicitude de devolución que se formule, debendo achegar a esta os documentos xustificativos que en cada caso correspondan. Fóra destes casos, non se efectuarán devolucións das cantidades pagadas.

A inscrición na actividade supón a aceptación e o compromiso destas normas.