Anxiños: Unha Asociación de axuda imprescindible para nenos e adolescentes con trastornos mentais graves

Hoxe queremos facer unha parada, e mención, especiais para a Asociación Anxiños, unha Asociación maravillosa que ten por obxectivos e fins uns principios que xa nos gustaría a moitas das Asociacións do noso entorno. Imos recollelos aquí. Non son outros que os que aparecen na súa páxina Web, que convidamos a visitar coa máxima atención.

 

1. Recuperación Integral

Promover a recuperación integral, a millora e a cualidade da asistencia a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves e proporcionar apoio a pais e familiares, tan necesitados de afecto, de respiro familiar e de atención social, política, económica, pública, en definitiva.

2. Sensibilización social

Promover a sensibilización social dos nenos e adolescentes con enfermidades mentais e das súas familias, chamando a atención sobre a marxinación e a discriminación que existe nos aspectos sociais, sanitarios e laborais.

3. Unificar e coordinar

Unificar e coordinar a acción con outras organizacións que persiguen os mesmos fins, para crear unha forza integral para a defensa dos seus obxectivos.

4. INFORMACIÓN EFICAZ

Desenvolver unha constante e eficaz información para agrupar a todos os familiares, e aos nenos e aos adolescentes con enfermidades mentais, coa finalidade de crear un foro común a todo o colectivo.

5. intercambio de experiencias

Promover a información e intercambio de experiencias con Asociacións semellantes.

6. PROTECCIÓN E MILLORAS

Promover a protección e apoio de nenos e adolescentes con enfermidades mentais.

Pero o máis trascendental, e adicaremos varias entradas a este aspecto, son os Proxectos nos que se concretan estes fins. Falaremos, en concreto, da Escola-Fogar, que acaba de comezar a súa andadura na casa Reitoral de San Mamede en  Baña.

Non podemos rematar esta entrada sen mencionar o nome de Ruth Gómez Vázquez, sen cuio esforzo, paixón e amor non podería ter chegado todo isto ao millor dos portos.

Unha forte aperta, Ruth, e todos os colaboradores, con todo o amor e respecto dende a nosa Asociación.

Pode contactar coa Asociación Anxiños nos seguintes datos:

CASA REITORAL DE SAN MAMEDE

15862 A BAÑA

A CORUÑA

TELF: 690372719

Correo electrónico: info@asociacionanxiños.com

Advertisements