50 técnicas de Mindfulness

Hoxe traemos o libro titulado en castelán 50 técnicas de Mindfulness para la ansiedad, la depresión, el estrés y el dolor. Terapia con Mindfulness, de Donald Altman. O libro está publicado pola editorial Sirio, traducido por Vicente Merlo do inglés. O libro publicouse en 2014, pero esta edición traducida é de 2019.

Donald Altman é psicoterapeuta, formador internacional en Mindfulness. Participou no proxecto The Living Spiritual Teachers Project e figura como destacado experto na película The Mindfulness Movie. Actualmente Altman é profesor na Universidade de Portland (Oregón) e na Lewis and Clark College Graduate school. Pódese consultar a súa páxina www.mindfulpractices.com

The Mindfulness Movie (2014)

50 técnicas de Mindfulness

“El tema central que recorre toda esta obra es: solo puedes cambiar aquello de lo que antes eres consciente. El Mindfulness empodera a quienes lo practican porque ofrece libertad de elección. Puede transformar de manera espectacular el modo como experimentamos los factores estresantes diarios que nos afectan: el caos, la confusión, la pérdida, la rabia, la pena y el miedo, a los que todo ser humano tiene que hacer frente. […] El Mindfulness es un chaleco salvavidas hecho de resiliencia que nos mantiene a flote y abre la puerta a los ungüentos curativos de la aceptación y la compasión. Especialmente, nos proporciona un mayor equilibrio tanto en relación con el estresante mundo externo como en el ámbito de nuestra experiencia interna de la mente, el cuerpo y los pensamientos. El Mindfulness es una medicina potente, científicamente probada, para liberarnos de los atolladeros emocionales y los hábitos irracionales, para vivir con una conciencia plena y una mayor libertad” (Altman, 2019: 14)

Escollemos ao azar unha das técnicas das 50. Sae a ferramenta número 22, chamada GALA, unha práctica relacionada coa gratitude (pp. 141-145)

GALA é un acrónimo que se refire ao modo de buscar alegría e o equilibrio. Funciona prestando atención a algúns aspectos positivos da vida que nos rodea e que están ahí todo o tempo, pero que frecuentemente descoidamos ou pasan desapercibidos.

G: Algo polo que sintes Gratitude no día de hoxe. Pode tratarse dunha gratitude básica, como ter comida, auga, sol, un corpo que funciona bastante ben, un teito sobre a testa, etc. a gratitude podería ter tamén que ver con cousas realmente importantes nas nosas vidas.

A: Algo novo que aprenderas hoxe.  Pode ser que aprenderas algo sobre tí mesma/o, pode ser ter unha actitude aberta e descubrir algo doutras persoas ou obter unha nova perspectiva.

L: Un pequeno Logro que conseguiras hoxe. Un logro non ten porqué ser algo extraordinario, senón que pode consistir nun acto ordinario de coidarse a un mesmo ou a outra persoa, por exemplo (descansar, non saltarse comidas e ter unha alimentación adecuada)

A: Alegría. Algo que fose conmovedor no día de hoxe, que te fixese rir (canto dun paxaro, a visión dunha flor, probar unha comida, devolver un sorriso, etc.)

Se é posíbel tenta darte conta dunha gratitude, dunha aprendizaxe, dun logro e dunha alegría completamente novos cada día.

 

 

Advertisements