Lou Marinoff. O ABC da felicidade

Recollido na nosa páxina en “Novidades editoriais”. Trátase dunha reactualización de bolsillo do libro publicado en 2006.

Domingo, 7 de Xullo de 2019

Marinoff, Lou (2006). The Middle Way: Finding Hapiness in a World of Extremes. Tradución ao castelán de daniel Cortés e Rosa Pérez. Barcelona: Penguin Random House, 2019.

Canal Youtube Lou Marinoff, www.youtube.com/user/loumarinoff

 

lou-marinoff_detalle_articulotmw-front-coverpoltada-i6n15539988.jpg

Este libro consta de tres partes. A primeira analiza as dinámicas culturais que impulsan tanto a cooperación como os conflictos na aldea global e presenta aos propios filósofos ABC (Aristóteles, Buda, Confucio). No capítulo primeiro examínanse as ideas nas que se sustentan catro grandes civilizacións cuias crenzas e valores fundamentais tenden a diverxer ou a entrar en conflicto, pero que, á vez, vense presionadas pola globalización para converxer e mesturarse. Se queremos reconciliar os extremos que existen en e entre as grandes civilizacións -Occidente, as civilizacións islámica e india e o lonxano Oriente-, debemos decodificar o seu “ADN cultural” e atopar un terreno común. O capítulo dous presenta a proporción áurea de Aristóteles, unha ética da virtude arraigada na xeometría euclidiana que nos axuda a descubrir as nosas virtudes, mentres nos realizamos como persoas. O capítulo 3 presenta o camiño medio de Buda, unha forma sumamente eficaz e non violenta de unir e compatibilizar os millores intereses tanto dos individuos como das comunidades. O capítulo 4 presenta a orde equilibrada de Confucio, unha ética da virtude arraigada na metafísica do yin e o yang que nos axuda a acadar e manter a armonía nas nosas relacións cos demais. O capítulo 5 explora a xeometría sagrada dos filósofos ABC, amosando como os seus símbolos reflexan as súas respectivas filosóficas da moral, a sociedade e a política. Este capítulo tamén revela e ilustra sorprendentes vencellamentos xeométricos que suxiren que os filósofos ABC están relacionados por leis cósmicas.

A segunda parte examina algúns extremos que, por desgracia, todos coñecemos e explica como poden os filósofos ABC axudar a reconciliarnos a través do camiño medio. Todos nós tendemos moitas veces dun extremo a outro, de maneira que vostede pode atoparse nalgún punto deste libro, nun extremo que é posíbel que tomara por norma. O camiño medio tamén é para vostede, non só para os extremistas que viven na porta do lado ou nun país veciño. O capítulo 6 avalía a polarización política, particularmente en Estados Unidos, poñendo de relevo a ausencia dun ben común nas loitas culturais entre os extremistas de esquerdas e os de dereitas. ¿Pode Estados Unidos acadar a armonía civil e  racial? O capítulo 7 examina os extremos sagrado e profano que enxendran o fanatismo relixioso, por unha parte, e a anarquía posmoderna, por outra. ¿Poden os fanáticos relixiosos e anarquistas morales atopar un terreno común? O capítulo 8 analiza a paradoxa dos extremos tribais. A selección natural favoreceu a dispersión demográfica e as hostilidades tribais durante moitos milenios, mentres que a globalización favorece e forza agora a homoxeneización e a mestura tribal. ¿Hai un camiño medio? O capítulo 9 abre a a caixa de Pandora dos extremos: a política das diferencias sexuais humanas e as guerras dos sexos que levan asociadas. O capítulo 10 investiga os extremos cognitivos, examinando o papel de catro tradicións culturais -oral, escrita, visual e dixital- ¿cál é o camiño medio da cognición humana? O capítulo 11 expón os extremos educacionais que conlevan o alfabetismo dos pobres, por unha parte, e o adoutrinamento dos ricos, por outra. O capítulo 12 avalía os extremos económicos da superabundancia e a penuria das necesidades materiais, así como a codicia e a desesperación que enxendran. O capítulo 13 examina os extremos totémicos, dende os nomes comerciais e a imposición de McComidas e McDrogas tóxicas até a prohibición de remedios naturais de utilidade demostrada. O capítulo 14 céntrase en Oriente Medio, a cuna dos extremismos, unha rexión onde ser extremista é o normal. Un dos grandes desafíos aos que se enfronta a aldea global radica en atopar un camiño medio en Oriente Medio. O capítulo 15 analiza o terrorismo, preguntando ¿qué é?, ¿qué podemos facer?, e ¿ónde está o camiño medio?.

A terceira parte céntrase nas cousas que vostede pode facer para aplicar a sabiduría dos filósofos ABC á millora da súa vida e do patrimonio da humanidade. Todos somos nodos dunha  rede mundial e, polo tanto, todos podemos exercer unha influencia palpable aplicando os principios dos filósofos ABC á reconciliación dos extremos cos que nos atopamos a diario, comezando polos nosos propios. O capítulo 16 suxire formas de aplicar estes principios aquí e agora.

Pódese ver loumarinoff.com

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.