Cánto custa aprender deporte e meditación? Cánto vale a educación?

Léme, se queres e precisas, dialoga comigo, non me sigas nin participes se non o desexas, non esteas de acordo, pero non agredas.

Non me queda outra que dar entrada a un comentario ferinte que apareceu na nosa páxina de Facebook hai dous días. O comentario decía o que segue, a propósito da práctica-docencia, de Tai Chi, Qi Gong do 7 de Xullo no parque de Brandía e que ten un custo de 20 euros.

Comentarios:

Nome e apelidos no Facebook: “20€ para practicar Tai Chi nun parque público ao aire libre? Patético”

Resposta da Asociación: “Grazas polo seu comentario. Supoño que ten en conta as dúas horas nas que lle imparten a clase. ¿ Non se paga ao mestre? ¿ Non se paga o tempo? De tódolos xeitos, agradecemos a súa opinión, a súa delicadeza e o seu respecto e, sobre todo, que teña tanto interese en escribir para agredir.

-Nome e apelidos no Facebook: “non, grazas a vostedes por nada“.

-Resposta da Asociación: “Isto lévame a unha reflexión de por qué se valora tan pouco a ensinanza e por que se pensa que ensinar a estar en calma non é un traballo e, que como tal, un mestre non merece nada”.

E realmente esta é a reflexión que queremos traladar ao público a día de hoxe. Estamos a comprobar que no mundo no que vivimos, o que se valora é a práctica da inmediatez, dos vencellamentos fugaces, do non ollar para o que está a carón de nós e de pensar que podemos entregar calquera tipo de comentario a través das redes sociais, xa que “están para iso”. A que escribe, que é docente e especialista en novos medios, ten que facer un acto de humildade e recoñecer que este comentario lle molestou especialmente e non por ela, senón polo docente que mañá domingo impartirá a práctica-docencia de Tai Chi-Qi Gong, meditación no parque de Brandía por 20 euros, cunha experiencia de vintecinco anos no campo, que ten amosado o seu traballo como voluntario a enfermos de cancro, que da meditación na unidade de trastornos de alimentación do hospital provincial de Santiago de Compostela gratuitamente todos os martes, que ten colaborado en moitas ocasións con Aspamite e os rapaces e rapazas con diversidade funcional e un longo etcétera.

O primeiro que teñen que saber, prezadas e prezados lectoras/lectores, é que unicamente hai dúas persoas matriculadas na práctica-docencia de mañá, polo que entendemos que estamos fallando en facer ver a importancia do deporte e do Mindfulness para a vida cotiá e para o benestar físico e psicolóxico das persoas. Quizá ten que ver co feito de que somos unha Asociación pequena, de persoas voluntarias, que non posúen financiamento público, que se benefician dun local cedido pola amabilidade dun Centro de Santiago de Compostela e que o seu grupo de actuación é o das persoas máis desfavorecidas e non o da elite e que non podemos levar a cabo grandes promocións.

O segundo plantexamento que traslado é o de por qué a docencia está tan mal considerada socialmente, por qué pensamos que ser mestre de Mindfulness ou de deporte é un demérito e que, como tal, a persoa, o mestre que imparte as clases non merece cobrar polo seu traballo, aínda que sexan 20 euros, dado que se usa como espazo un parque público. Se viaxasemos a Madrid ou Barcelona, por non decir xa a China, veriamos os parques, por exemplo o de Madrid-Río, cheo de persoas correndo libremente, pero tamén aprendendo a correr, practicando tai chi libremente, pero tamén aprendendo a facer tai chi. E podemos escoller as dúas maneiras, tendo en conta que esta última non está por debaixo da primeira, que o contacto humán é cada vez máis necesario neste mundo desnortado, egoísta e violento, así como a recuperación do estatus do mestre e do profesor como se merece.

Gastamos un euro ou dous diarios nun café ou nun té, dez euros pode cobrar un paseador de cans, outros dez unha persoa que colabora no fogar, 140 un psiquiatra da privada, por unha primeira consulta, de menos dunha hora e 100 por cada revisión, cada quince días, un psicólogo, máis ou menos 50 euros a consulta, unha logopeda, 25 euros/hora, tabaco, non o sei que non fumo, pero intúo que caro, e podería seguir así por un bo rato, preguntándome unha e outra vez por que dar unha clase de dúas horas por 20 euros é patético. A verdade e que non quero afondar neste tema, e eu si respecto a opinión dos demais, sempre e cando estea encauzada adecuadamente. Recoñezo a mercantilización do Mindfulness, a proliferación de xente non preparada no campo e que cobra sumas enormes, maiores que as dun Máster, seino de primeira man, pola ensinanza e práctica do Mindfulness. Por suposto que non estou de acordo, e, por iso, dende aquí pido sensatez, cordura e que as persoas que busquen cursos deportivos ou de meditación ou de Mindfulness indaguen no currículo do mestre, na súa experiencia e formación, fuxindo das falsas promesas e non esperando milagres, desbotando as taxas elevadas.

Pero, tamén dende esta páxina non me queda outra cousa que defender os dereitos dos mestres, profesores, docentes no día de hoxe, unha profesión desprestixiada desde sempre e que é a base da sociedade intelixente, avanzada e sostible, sexa a través dun ipad, dun ordenador, dunha plataforma virtual, presencial, en espazos privados ou públicos, para mil persoas ou unha. Porque cada individuo é importante e único para nós.

Quero rematar cunhas palabras do filósofo Lou Marinoff (será a novidade editorial desta semana) no seu libro El ABC de la felicidad. cómo encontrar el camino hacia la paz y la armonía en un mundo de extremos. Barcelona: Penguin Random House.

Grazas por chegar até aquí.

“A estas alturas, seguramente ya sabrá que toda la humanidad habita un lugar denominado “la aldea global”, término acuñado por Marshall McLuhan durante la década de 1960. Se trata de una comunidad planetaria constituida por miles de millones de personas, donde no todo el mundo está en paz consigo mismo o con sus semejantes en un determinado día. El crecimiento y la evolución de esta aldea son constantes y no se pueden frenar; pero sus habitantes experimentan, al igual que los adolescentes durante la pubertad, diversas clases de “dolores de crecimiento”, tanto agudos, como crónicos. La primera premisa de este libro es que el sufrimiento humano está en su mayor parte causado, o agravado, o no aliviado, por extremismos de diversos tipos, que van (por ejemplo) del fanatismo religioso a la anarquía moral, del analfabetismo funcional a una educación superior deconstruida, del machismo al feminismo militante. La segunda premisa es que tres grandes sabios de la Antigüedad, a saber, Aristóteles, Buda y Confucio, a quienes me refiero colectivamente como los filósofos ABC, enseñaron formas de eliminar el sufrimiento innecesario, de guiar a los seres humanos para que pudieran realizarse como personas, conocerse interiormente y convivir socialmente en armonía. Todos ellos recococieron que el extremismo destruye la felicidad, la salud y la armonía de usted y de todos sus semejantes.

Los filósofos ABC también tienen otra cosa en común: la noción sumamente importante de que el principal propósito de estar vivo es llevar una “vida buena”, aquí y ahora” (pp. 13 y 14)

María Teresa Vilariño Picos

Profesora Universidade de Santiago de Compostela

Fundadora da Asociación