Práctica de Tai Chi e Qi Gong no Parque de Brandía o día 7 de Xullo

Achégate a practicar con nós Tai Chi e Qi Gong a  carón do río Sar no Parque de Brandía.

O 7 de Xullo, domingo, faremos unha práctica de Tai Chi e Qi Gong ao aire libre, agardando que o tempo o permita. A práctica dará inicio ás 11.00 horas e se prolongará até ás 13.30. En caso de choiva, comunicaremos o traslado da actividade a outro lugar.

Trátase dunha práctica de iniciación, se ben está pensada para adicar este tempo ao deporte e ao descanso. Os participantes deberán acudir con roupa cómoda e auga. Faranse exercicios básicos de Qi Gong, así como certos movementos da forma Yang de 24. A xornada rematará cunha pequena meditación.

Podes anotarte en awaichigalicia@gmail.com. O prezo da actividade é de 20 euros e o número de prazas máximo é de 15. 

Advertisements