Ikigai esencial

生きがい. “Vale a pena vivir”

Mogi, ken (2017). The Little Book of Ikigai. The Essential Japanese Way to Finding Your Purpose in Life. Tradución ao castelán por Paula Vicens. Ikigai esencial. La sabiduría milenaria japonesa que dará sentido a cada día de tu vida. Barcelona: Penguin Random House, 2018.

O Ikigai é un fenómeno xaponés comúnmente entendido como “a razón para erguerse cada mañá”. Ás veces son pequenos momentos: a brisa matinal, unha taza de café, un cumprido. Outras, conviccións: un bo traballo, unha amizade que perdura, unha saúde equilibrada. Xa sexa grande ou pequeno, o termo Ikigai é o camiño que pode trasportanos á felicidade.

 

No libro de Ken Mogi o autor presenta os cinco pilares do Ikigai e faino combinando elementos da historia de Xapón, da súa filosofía e cultura moderna, coa creatividade, a autoaceptación e o funcionamento do cerebro.

Os cinco pilares do Ikigai son, segundo Mogi, os seguintes:

Pilar 1: Empezar con humildade.

Pilar 2: Renunciar ao Ego.

Pilar 3: Armonía e sostenibilidade.

Pilar 4: O pracer dos detalles.

Pilar 5: Ser consciente do momento presente, do aquí e do agora.

En xaponés, Ikigai úsase en varios contextos e é aplicable tanto aos detalles da vida cotiá como aos grandes obxectivos e logros. É un termo tan habitual en Xapón que a xente o utiliza bastante á  lixeira, sen ser consciente do seu especial significado. Pero, para ter Ikigai non é preciso obter o éxito profesional […] O camiño do Ikigai está nos detalles.

Comecemos por formularnos dúas cuestións (p. 28):

a) ¿Cáles son os nosos valores máis importantes e sentimentais?

b) ¿Con qué pequenas cousas disfrutamos?

Son dous puntos de partida para atopar o noso propio ikigai como vía cara a unha vida máis feliz e plena.

Nunha charla Ted, titulada “Cómo vivir máis de cen anos“, o escritor estadounidense Dan Buettner tratou o Ikigai como un sistema de valores para a boa saúde e a lonxevidade. Buettner explica os estilos de vida de cinco lugares do mundo, cuxa poboación é máis lonxeva. Cada “zona azul”, como as denomina Buettner, ten unha cultura propia e tradicións que contribúen á lonxevidade. Son Okinawa (Xapón), Cerdeña (Italia), Nicoya (Costa Rica), Icaria (Grecia) e a comunidade de Adventistas do Séptimo día de Loma Linda (California).

Podemos escoitar  a Buettner directamente: