O 28 de xuño é o Día Mundial da Fenilcetonuria – PKU. Con este motivo desde a Federación Española de Enfermidades Metabólicas Hereditarias están a expor o “DESAFÍO SINPRO”. Consiste en que persoas achegadas aos pacientes PKU (maiores de idade) acepten o reto de seguir durante ese día unha dieta baixa en proteínas e mostralo nas redes sociais ou aceptar ser entrevistado para publicar a súa opinión. Se coñecedes a algunha persoa que acepta este desafío poñervos en contacto coa oficina de ASFEGA (teléfonos 982 20 24 10 ou 604 025 877) para facilitarvos máis información e darvos o contacto da persoa da Federación que leva este tema.
Grazas e saúdos. — ASFEGA C/ Aquilino Iglesia Alvariño, 21 – Baixo 2 27004 – LUGO Telf/Fax: 982 202 410 Móbil: 604 025 877 http://www.asfega.es galiciapku@asfega.es

Palabras descoñecidas

  • Copiar