I Curso MBSR de oito semanas (6 de Xullo até o 31 de Agosto)

 

57298008_307806576825063_6896745739212382861_n (1)

A Asociación Wài.Chi Galicia dará comezo no primeiro sábado de Xullo ao I Curso de entrenamento da atención plena, do Mindfulness en oito semanas de duración. O Programa MBSR (Mindfulness Based Stress Reduction) está orientado a millorar a atención no momento presente, á redución do malestar e do estrés e ao bo manexo de situacións complexas e de afrontamento de momentos difíciles.

Este programa MBSR está pensando para facer chegar esta metodoloxía de entrenamento de Mindfulness durante oito semanas de duración, como é preceptivo para poder ver algunha milloría,  mediante unha combinación de exercicios prácticos de atención e relaxación, meditación e movementos conscientes tipo ioga, Chi Kung ou Tai Chi, así como explicacións e diálogos sobre os procesos da mente e do corpo.

O curso implicará unha sesión intensiva semanal, que se desenvolverá nos sábados dos meses de Xullo e de Agosto nas seguintes datas: 6, 13 e 27 de Xullo e 3, 10, 17, 24 e 31 de Agosto. O horario será de 10.00 a 13.00 e de 15.00 a 18.00 no seguinte enderezo: República del Salvador nº25- 6ºC, Santiago de Compostela. Cada sábado fixarase un programa de traballo para toda a semana.

O número de prazas e limitado, de dez persoas e asignarase a praza por rigorosa orde de inscrición, cubrindo o seguinte formulario, unha vez que quede abonado o primeiro prazo da matrícula.

O prezo do curso é de 350 euros e poderá realizarse o pago aprazado en dúas veces, a primeira ao comezo do curso (200 euros) e o segundo prazo (150), entre os días 1 e 5 de agosto de 2019 no seguinte número de conta da Asociación ES23 1465 0100 9219 0021 1428 (ING). O curso realizarase igualmente, independentemente do número de inscritos.

Data límite de inscrición: 30 de Xuño de 2019

Podes consultar o programa do curso e solicitar máis información en awaichigalicia@gmail.com

Os instructores do programa están formados con Javier García Campayo, Andrés Martín Asuero e a escola BMIT, entre outros.

Fotografía por J.L. Gigirey para Asociación Wài.Chi Galicia