Estamos de volta. In Memoriam Begoña Martínez Meréns

Moi bo día ao público xeral.

Hoxe, venres 7 de Xuño de 2019, temos o pracer de vos comunicar que estamos de regreso, con humildade e ganas de traballar.

Foron tempos difíciles por cuestións familiares, pero afrontamos unha nova etapa con ilusión.

Imos comezar coa programación de distintos obradoiros de meditación, coaching, obradoiros para tratar trastornos de conducta ou de psicoloxía e aprendizaxe en positivo, ademais de continuar co noso traballo de axuda social e educación aos colectivos en risco de exclusión social.

Mantédevos atentas/os. Agradecemos xa de antemán a vosa lectura, axuda, seguimento, interese, cariño…

Esta entrada é para tí Begoña. O noso amor máis grande, concentrado na túa bondade.

12377891_959896764075811_6080894304431431048_o

Asociación Wài.Chi Galicia

 

Advertisements