Estrea da película Camiña comigo o día 15 de setembro

O 15 de setembro de 2017 faise a estrea da película titulada Camiña comigo, centrada na vida e nos feitos do mestre Thich Nhat Hanh (<https://tnhspain.org/thich-nhat-hanh/>)

Thich Nhat Hanh

Mestre zen, poeta, activista pola paz, escritor de máis de cen libros, nominado para o Premio Nobel da Paz… Unha vida extraordinaria.

Thich Nhat Hanh, tamén coñecido como “Thay” (“mestre” en vietnamita), naceu en Vietnam central en 1926 co nome de Nguyen Xuan Bao. con  16 anos ingresou no monasterio zen de Tu-Hieu, cerca de Hue, onde o seu principal mestre foi Chan Thanh Quy Tiet. Ordenouse no 1949.

Poeta, activista pola paz e os dereitos humáns, ten adicado a súa vida ao traballo da transformación persoal para o beneficio dos individuos e da sociedade.

Tras visitar os Estados Unidos en 1966 en misión de paz, prohibíuselle a súa entrada a Vietnam.  Pode que Thay axudara a cambiar o curso da historia dos Estados Unidos, cando lle pediu a Martin Luther King que se opuxera á guerra de Vietnam publicamente. Ao ano seguinte, King nominou a Thich Nhat Hanh para o Premio Nobel da Paz.

En 1982 fundou Plum Village, unha comunidade budista no exilio, en Francia, onde continúa o seu traballo de axuda aos refuxiados, os chamados “boat people”, prisioneiros políticos, e familias pobres de Vietnam e de todo o mundo.

CAMIÑA COMIGO:

Tráiler da película:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s