Anótate a Kung Fu na USC

Comeza na USC o curso académico deportivo 2017-2018.

Anótate, tanto se pertences á USC ou non, ás materias de Kung Fu, Tai Chi e Mindfulness-Meditación. O periodo de matrícula iníciase o 1 de setembro.

PROGRAMACIÓN: KUNG FU (USC). Curso 2017-2018. Profesor Amancio Rial Bouza

I. Descrición da materia:

O termo Kung fu pódese definir como a capacidade de realizar satisfactoriamente unha actividade a base de moita práctica, traballo e adicación (neste caso referido ás artes marciais chinesas). É dicir, Kung Fu, dominio dunha arte, polo tanto, somentes se logrará a través dun esforzo constante. Se analizamos as vidas dos grandes xenios da humanidade, xa sexa na área da ciencia, da arte ou de calquera disciplina, observaremos que todas teñen algo en común: unha grande habilidade de atención e concentración que lles permitiu reservar boa parte do seu tempo ao desenvolvemento da actividade na que destacaron. Deste xeito, podemos salientar que aquelas persoas que queiran chegar a un bo dominio do Kung Fu, independentemente da escola de artes marciais que estuden e escollan, a receita é sinxela: o traballo e a práctica continuada.

En Occidente utilizamos o termo xeral Kung Fu para facer referencia aos chineses Kuo Show, Wushu ou Wu Kung, entre outros. A práctica do Kung Fu non supón unicamente un entrenamento físico, senón e, sobre todo, unha maneira de vida, respectuosa co entorno, sostible e, fronte ao que se pensa comunmente, afastada do comportamento violento.

II. Obxectivos da materia:

a) Aproximarse ás artes marciais chinesas.

b) Achegarse ao control axeitado do corpo e da mente.

c) Fundamentar un correcto enraizamento, o movemento baseado nas ideas do yin e o yang, o desprazamento equilibrado e a adecuada posición do corpo.

d) Adquirir as ferramentas necesarias para conquerir e manter un estado saudábel físico-mental ao longo da nosa vida.

III. Contidos:

a) Artes de combate a man baleira:

  1. Golpear con mans, pés, xeonllos, cóbados e con todas as partes do corpo (Chang Chuan, boxeo chinés)
  2.  Controlar ao adversario a través de presas, elevacións articulares, apretóns e accións dolorosas (Chin Na Shu, a arte do agarre)
  3.  Derrubar ao adversario con técnicas de loita (Shuai Chiao Shu, a arte do derribo)

b) Artes de combate con armas:

  1. Bastóns de madeira (sinxelo e dobre).
  2. Sabre e espada.
  3. Armas flexíbeis.

c) Formas Tao Lu:

  1. Chang Chuan (I-Yi Lu, II-Er Lu, III- San Lu)
  2. Shaolin Chuan (Wu Bu Chuan, Tom Bei Chuan, Xiao Hong Chuan…)
  3. Formas con bastón curto e longo (16 e 36)
  4. Armas de sabre (16 e 32) e espada (16 e 32)

d) Wing Chun:

  1. Formas (Siu Nim Tao, Chum Kiu, Biu Jee)
  2. Chi Sao.
  3. Formas do Boneco de madeira (Muk Yak Chong) clásicas e contemporáneas.
  4. Aplicacións marciais.
  5. Técnicas (Tan Sao, Pak Sao, Gang Sao…)

IV. Desenvolvemento da materia:

Para lograr un desenvolvemento axeitado realizaranse duas sesións semanais dunha hora de duración ao longo dos dous cuadrimestres. Na primeira parte do curso, entrenaranse as técnicas de man baleira e, na segunda, comenzarase o achegamento ao tao lu.

As sesións iniciaranse coa máxima puntualidade, cun quecemento, deseñado para traballar a coordinación, a forza, a elasticidade e a flexibilidade. Do mesmo xeito, utilizarase o Chi Kung como ferramenta básica.

A parte central da sesión desenvolverá os distintos elementos sinalados nos contidos. As clases rematarán cun periodo de estiramentos e de meditación.

V. Metodoloxía de ensinanza:

-Sesións prácticas nas que se procurará en todo momento unha interactividade cos/cas alumnos/as, afondando nas partes que demanden maior claridade.

Moi importante: -A división da materia en “iniciación” e “perfeccionamento” será estricta. Iso suporá a escolla axeitada dos horarios. Para pasar a perfeccionamento é preciso facer, como mínimo, alomenos, un curso de iniciación (un ano académico), ou ter experiencia ou dominio de calquera arte marcial.

-Iniciación: Alumnos con descoñecemento da materia ou práctica amateur.

-Perfeccionamento: Alumnos que teñan un dominio demostrable das técnicas fundamentais do Kung Fu ou doutra arte marcial. Será o profesor quen avalíe o nivel no que debe estar o alumno, facendo unha entrevista previa ao inicio das clases e á matriculación. Efectuaranse no horario de titorías.

-Dúas sesións semanais de titorías.

VI. Criterios de avaliación:

-A asistencia é de carácter obrigatorio. Para as persoas solicitantes de créditos ects, seguiranse os cómputos fixados pola USC. O profesor pasará lista en cada sesión.

-Interación cos outros participantes.

-Valorarase a orixinalidade e creatividade.

VII. Recomendacións:

-Pasar un exame médico periódico.

-Traer auga ou outra hidratación ás sesións.

-Non comer en abundancia antes das prácticas.

-Comunicar ao profesor calquera lesión ou enfermidade.

-Usar roupa axeitada de entreno. Esixirase o uso do Kimono de Kung Fu.

-Aínda que o material de traballo está nas clases, recoméndase que cada alumno chegue a ter a súa propia equipación.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s