II Curso de Iniciación á Meditación e ao Mindfulness

Despois do éxito da primeira edición, o día 3 de Xuño celebrarase a segunda edición do Curso de iniciación á Meditación e ao Mindfulness, organizado pola Fundación USC Deportiva.

As prazas do curso son 12 e estará impartido polo Mestre, e especialista, Amancio Rial Bouza, Presidente desta Asociación.

Trátase dun curso de iniciación, polo que non é preciso ningún coñecemento previo na materia. Resulta conveniente levar roupa cómoda.

O prezo do curso é de 47 euros, sen comida, e de 52’70, con comida incluída.

O curso desenvolverase no Colexio Maior Monte da Condesa (Campus Sur. Santiago de Compostela) e a comida nas instalacións do propio colexio.

Pode obter mais información e matricularse no seguinte enlace da Fundación USC Deportiva.

2 comments

  1. Bos días!

    Enviaronme hoxe o enlace para o curso se iniciación a meditación e o mindfulness e vexo que xa está cuberto. Estaría interesada en asistir ó próximo curso (de o hai, claro) ou de quedar algunha vacante libre neste. Se me poidesen avisar, estaría moi agradecida.

    Un saúdo.

    Bo día.

    Maribel.

    • Prezada Maribel:
      Grazas polo seu correo.
      Publicaremos a nova convocatoria na nosa Web. Probabelmente xa non se faga outro atá o novo curso escolar.
      Saúdos cordiais.

Os comentarios están pechados.