Holi Gaiás 2017. Fundación USC Deportiva

Convocatoria da Fundación USC Deportiva.

Estimad@ amig@:
Convidámosvos a participar o sábado 25 de marzo ás 12:00 horas na Holi Gaiás, unha carreira lúdica na que participar en familia para darlle a benvida á primavera.
Nun percorrido de 5 km pola Cidade da Cultura, a Holi Gaiás permitirá descubrir e gozar dos espazos naturais nun ambiente festivo que lembrará o popular festival de primavera celebrado tradicionalmente na India, Guyana e Nepal, no que se festexa a chegada da nova estación cunha exposición de cores.
Prepara as túas zapatillas e participa nunha carreira chea de cor, na que debes estar disposto a todo: divertirte, bailar, mancharte de polvos de cores e, por suposto, facer deporte!
Na carreira poderán participar tanto persoas federadas como non federadas e haberá dúas categorías: Escolares (nados entre 2002 e 2009) e adultos (nados en 2001 e anteriores).
Pode consultar a normativa e facer a inscrición no seguinte enlace: http://fundacionuscdeportiva.org/fileadmin/arquivos/pdfs_non_publicos/regulamento_def_holi_gaias2.pdf
Animádevos a participar!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s