Un chocolate con Manchi Rial

Dentro do noso Proxecto ίχνος (íchnos).Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento sostible (coa súa Eco-Cabana da Píllara pequena), que terá unha aparición inmediata, e que supón a colaboración co Colexio Jorge Juan de Perlío, a través do Profesor Emilio Vilariño Picos, comezamos unha das actividades enmarcadas neste Proxecto, solicitada polo C.E.I.P. de Barouta, por medio do seu Director Alonso Barreiro Caxade, a quen agradecemos enormemente o seu chamamento.

O venres, 3 de Xaneiro, celebraremos a actividade denominada “Un chocolate con Manchi Rial”, ás 17.30 da tarde. Trátase dunha charla de carácter gratuito sobre “Atención centrada, Mindfulness“, de cara á integración da Meditación e do Mindfulness nos colexios.

Non deixen de asistir.

fb_img_1485676464826

Advertisements