vídeo Eloxio da lentitude. Movemento Slow

elogio-de-la-lentitud-carl-honore

Aínda que xa cuns anos nas súas costas, retomamos hoxe o libro do xornalista Carl Honoré, Elogio de la lentitud. Un movimiento mundial desafía el culto a la velocidad. Planeta. RBA Bolsillo, 2017.

O chamado movemento Slow, é a base de análise do texto de Honoré, que inclúe os seguintes capítulos: “Hacerlo todo más rápido”, “La lentitud es bella”, “La comida: volver las tornas a la rapidez”, “Las ciudades: la mezcla de lo antiguo y lo nuevo”, “El cuerpo y la mente: mens sana in corpore sano“, “La medicina: los médicos y la paciencia”, “El sexo: un amante con la mano más lenta”, “El trabajo: los beneficios de un trabajo menos arduo”, “El ocio: la importancia de descansar”, “Los hijos: la educación de niños pausados”.

Simon e Garfunkel lembrabánnos o poder de facer as cousas de maneira sinxela e paseniño, do mesmo xeito que en 1982, Larry Dossey daba nome ao termo “enfermidade do tempo” para explicar por que estamos sempre apurados, cál podería ser o remedio para esta enfermidade, e como facer as cousas de maneira máis calmada. Citemos igualmente o libro La lentitud (1996), de Milan Kundera como proposta de cambio.

Temos perdido e esquecido a arte de “non facer”, de pechar as portas ao ruido de fondo e das distracións, de diminuir o paso e permanecer a soas cos nosos pensamentos. Pero nestes actos de desaceleración atópase un movemento global que apoia a lentitude e que no mundo anglosaxón se coñece como Movemento Slow. O movemento Slow non promove afrontar as cousas como unha tartaruga, senón que está formado por persoas que queren vivir millor nun mundo moderno, sometido a un ritmo rápido. A filosofía da lentitude podería resumirse nunha soa palabra: equilibrio; isto é, actuar con rapidez cando ten sentido facelo e ser lento cando a lentitude é máis conveniente. O Slow Movement implica a utilización da velocidade apropiada.

A Slow Food, por exemplo, do sociólogo Carlo Petrini (na foto), expón que é importante cultivar, cociñar e consumir os alimentos dun xeito relaxado.

1447748908_236929_1447749043_noticia_normal

Enlaces:

Tao Films. Slow FilmsSlow Food EspañaCidades SlowSlow People.

Reportaxe en http://rtve.es/v/539912

http://rtve.es/v/539912

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s