Curso de iniciación á Meditación e ao Mindfulness. Sábado 18 de Febreiro de 2017. Hotel NH Santiago de Compostela.

Este seminario está enfocado a todos aqueles que queran achegarse ao mundo da Meditación e do Mindfulness. Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.

hiroshige16_kanbara
Imaxe das Cincuenta e tres estacións de Tōkaidō.
Director do Curso Amancio Rial Bouza.

Amancio Rial Bouza  leva máis de doce anos impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e actualmente na Fundación USC Deportiva. Asemade, realizou seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu durante anos as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesoraba aos traballadores en coidados da saúde. Experto en Artes marciais chinesas, é membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento. Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación. Así mesmo é o Presidente da Asociación galega para a investigación e a práctica da Meditación e as artes marciais chinesas (MAM.CHI), e presidente da asociación sen ánimo de lucro Asociación Wài Chi- Compostela (www.awaichicompostela.org).

Programación e contidos:

Sesión da mañá.

9.30. Recepción e presentación dos participantes.

10.00. ¿Por que meditamos? Meditación do mencer.

10.30. ¿Meditación ou Mindfulness?. Adentrándonos nas palabras.

11.30. Exercicio de atención plena. Caminata meditativa nos xardíns do Hotel NH Compostela.

11.30. Pausa-Café. Sorteo dun Zafu de Meditación.

12.00. Aproximación ás distintas tradicións da Meditación: A Meditación Ch’an-Zen e a Meditación Vipassana.

13.00. Exercicios de Qi Gong para principiantes. Meditación en pé.

14.00. Peche da sesión.

Sesión de tarde.

16.00. Mindfulness no día a día. Meditación e respiración. Exercicios prácticos.

-Posturas de relaxación e meditación.

-Exercicio de conciencia corporal e da respiración.

-Respirando sentado/a con estiramentos. Asanas de ioga para principiantes.

17.00. A Meditación e o Mindfulness como terapias antiestrés. Exercicio práctico de Mindful Eating.

18.00. Ensina Meditación aos máis pequenos. Meditando en familia ou na escola. Exercicios prácticos.

19.00. Peche do curso.

Requerimentos ou coñecementos previos: Ningún.

Prezo do Curso: 75 euros.

Número de prazas: 15.

O curso realizarase unicamente se hai oito matriculados. De non ser así comunicarase aos interesados que se suspende o mesmo, procedendo á devolución da matrícula.

Tarifas especiais: Resérvanse dúas prazas con carácter gratuito para persoas con discapacidade, previa xustificación.

Persoas desempregadas, familias numerosas e maiores de 60: 10 por cen de desconto.

Pode facer a reserva da plaza no enderezo awaichicompostela@gmail.com

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s