Hygge. A felicidade nas pequenas cousas

little-book-of-hygge

Wiking, Meik (2016). La felicidad en las pequeñas cosas. Descubre por qué los daneses son los más felices del mundo y cómo tú también puedes serlo. Barcelona: Planeta.

¿Jigue? ¿Jig? ¿Jiuga? Non importa como escollas pronunciar ou deletrear “hygge”. Como sostiña un dos grandes filósofos do noso tempo, Winnie the Pooh cando lle preguntaron como se deletreaba unha palabra referida á emoción: “non se escribe, un síntea”.

Pero qué é “hygge”.

Meik Wiking

Ao hygge acaba por chamárselle de todo, dende a arte de crear intimidade, ao confort da alma, a ausencia de molestias, ao pracer da presenza de cousas reconfortantes, ou, incluso, unha taza de cacao á luz das velas. O  hygge consiste nunha sensación de fogar, sentirnos seguros, protexidos do mundo e permitirnos baixar a garda.

O termo procede do noruego (co significado de benestar), pero adóptase en Dinamarca, o pobo máis feliz de Europa segundo a “Enquisa Social Europea”. Os daneses son os que máis se reúnen coa súa familia e amigos e se sinten máis tranquilos e en paz.

O manifesto Hygge (pp. 46-47 Wiking)

  1. Ambiente. Apaga as luces.
  2. Presenza. Disfruta do aquí e do agora. Apaga o móbil.
  3. Pracer. Café, Chocolate, galletas, pasteis, doces. ¡Quero, quero, quero!
  4. Igualdade. “Nós” por riba de “Eu”. Comparte as tarefas e o tempo de disfrute.
  5. Gratitude. Disfrútaa. Este podería ser o millor momento.
  6. Harmonía. Non se trata dunha competición. Querémoste tal e como eres. Non fai falla que presumas dos teus logros.
  7. Comodidade. Ponte cómoda. Desconecta. O que hai que facer agora é relaxarse.
  8. Tregua. Nada de agobios. Xa falaremos de política outro día.
  9. Unión. Constrúe relacións e historias. “¿Lembras aquela vez na que…?”
  10. Refuxio. Esta é a túa tribu. Este é un remanso de paz e de seguridade. (pp. 46-47)

o-manifiesto_hygge-570

O Hygge implica a presenza da atención no instante, un momento meditativo.

Instituto de Investigación sobre la felicidad. Happiness Research Institute

Advertisements