Fundación Eduardo Punset

logo-punset

Conoce nuestra fundación

Gustarianos facer unha entrada adicada á Fundación Eduardo Punset (2009), organización privada sen ánimo de lucro, que tenta dar pulo a irrupción do pensamento científico na cultura popular, fomentar a difusión a nivel individual, educativo e corporativo da A.S.E. Aprendizaxe Social e Emocional, así como prestar apoio psicolóxico a través das novas tecnoloxías da comunicación e a información para contribuir nas políticas de prevención.

A.S.E. Aprendizaxe Social e Emocional

  • A toma de habilidades na xestión das emocións é o principal obxectivo da A.S.E. (Aprendizaxe Social e Emocional), aplicado a persoas, familias e organizacións. Dende a ‘Fundación Eduardo Punset, Redes para la Comprensión Pública de la Ciencia’, promoven o coñecemento, estudo e investigación da A.S.E. nos ámbitos  escolar, laboral, corporativo e social en países iberoamericanos.
  • Máis información no enlace <http://www.fundacionpunset.org/aprendizaje-social-emocional/>

Apoio en rede

O apoio psicolóxico en rede está atendido por especialistas que dan resposta do seguinte xeito:

  1. Reenvían a consulta a un profesional da área relacionada coa consulta, que responde baseándose en evidencias científicas.
  2. Eliminan todos os  datos persoais para poder publicala no apartado de “Consultas publicadas”, onde as demais persoas poden aprender tamén da resposta, opinar e dar suxerencias.

Pode facer a súa consulta en <https://apolpunset.fundacionmapfre.org/apoyo-online/>