Alike. Corto de animación nominado aos Premios Goya 2016

alike-posterO corto de animación que presentan Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez aborda a realidade gris na que estamos inmersos, abatidos polo estrés e as obrigas do traballo e a sociedade. Nesta espesura, destaca a creatividade e a ilusión dun pequeniño que se resiste a seguir o ritmo da escola, das actividades regulamentadas, tentando escapar delas a través da música e da súa potencialidade artística.

Este é un corto magnífico para repensar a nosa postura fronte as cousas importantes dos nosos ‘peixiños’ e de nós mesmos, como adultos, pais, educadores.

Véxase alike.es

Advertisements