¡Novidades Editoriais!. Triple Focus. Un novo achegamento á educación.

No apartado de novidades editoriais incluimos esta semana o libro de Daniel Goleman e Peter M. Senge, publicado en castelán pola editorial Ediciones B, titulado Triple Focus. Un nuevo acercamiento a la educación (2016)

triple-focus

O libro continúa coa liña da Intelixencia emocional de Goleman, atendendo a unha serie de ferramentas e habilidades básicas  para profesionais da educación, pais con fillos en idade escolar e toda aquela persoa relacionada ou interesada na Pedagoxía. Goleman e Senge denominan a este conxunto de habilidades como o “Triple enfoque”.

Os puntos principais deste método, as tres competencias sobre as que traballar son:

-A autoconciencia ou o enfoque nun mesmo.

-A empatía ou a compresión das outras persoas.

-O  pensamento sistémico ou a comprensión do mundo que nos rodea.

Os capítulos están redactados de maneira individualizada por cada un dos autores, cun colofón final escrito de maneira conxunta.

A intención final de Triple Focus é que os nenos de hoxe se convirtan en estudantes máis felices, tranquilos e maduros, co propósito de acadar o éxito nas súas vidas e contribuir aos cambios sociais vitais necesarios para afrontar o seu futuro máis inmediato.

Páxina principal de Daniel Goleman, http://www.danielgoleman.info/

Páxina principal de Peter M. http://mitsloan.mit.edu/faculty-and-research/faculty-directory/detail/?id=41415

Advertisements