Xornadas de Parentalidade positiva

imagen_portadaQue é a Parentalidade Positiva?
O comportamento do proxenitores, respectuoso co ‘’Interese Superior do Neno’’ e os seus dereitos, que potencie o pleno desenvolvemento dos seus fillos en todos os eidos e a satisfacción das súas necesidades (físicas e biolóxicas, cognitivas, emocionais e sociais). O exercicio da parentalidade positiva require en relación aos fillos:

Ofrecerlles atención, cariño, guía, orientación, apoio e recoñecemento.
Ensinar rutinas e hábitos.
Establecer normas e límites e facelas cumprir sen exercer a violencia.

Xornadas:

Durante os meses de Novembro e Decembro terán lugar, en diferentes cidades de Galicia, as Xornadas “Parentalidade Positiva, O mellor legado para os fillos e fillas”, diseñadas en dúas modalidades, para familias e para profesionais. Nelas abordarase o beneficio que a práctica da parentalidade positiva pode ofrecer para os fillos e fillas, e darase, a todos os asistentes, a oportunidade de consultar calquera cuestión relacionada con ela.

As Xornadas desenvolveranse atendendo ó seguinte calendario:

29/11/2016, Salón de Actos da Facultade de Humanidades de Lugo (Complexo docente do campus de Lugo, s/n, 27002, Lugo)

30/11/2016, Salón de Actos da Escola Enxeñería Forestal de Pontevedra (Campus a Xunqueira, s/n – 36005 Pontevedra)

1/12/2016, Auditorio do Areal de Vigo (Rúa Areal, 46, 36201 – Vigo)

12/12/2016, Salón de Actos da Facultade de Fisioterapia de A Coruña (Campus de Oza, s/n. 15006 A Coruña)

13/12/2016, Salón de Actos do Campus de Ferrol (Campus de Esteiro, 15403 Ferrol)

14/12/2016, Facultade de Relacións Laborais de Santiago (Campus Vida, Avenida Dr. Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela)

15/12/2016, Facultade de Humanidades de Ourense (Campus Universitario As Lagoas s/n, 32004 Ourense).

Mais información e inscripción en <http://parentalidadpositiva.com/xornadas>

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s