VI Obradoiro de Técnicas de relaxación e meditación como ferramentas de saúde

f6d2bbdd82

Do 17 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2017.

Constará de 12 sesións de dúas horas semanais en martes e xoves. O seu prezo é de 150 euros.

O Obradoiro desenvolverase en 12 sesións de unha hora os martes e outra os xoves cada semana, nun grupo de entre 8 e 15 participantes.

Os contidos serán principalmente de carácter práctico e resaltarán os beneficios que comportan as técnicas de relaxación e a meditación, como a redución significativa do estrés, a mellora da capacidade de concentración e atención, así como da respiratoria, o fortalecemento das relacións tanto persoais como familiares e sociais ou a sensación de benestar físico e psicolóxico, axudando na recuperación de distintas doenzas.

Impartirán a actividade Laura Buj, da Spinn-off Xuntos, e Amancio Rial Bouza, da Fundación USC Deportiva. A actividade está aberta a calquera persoa interesada na temática.

DURACIÓN: 12 sesións

DATAS DE REALIZACIÓN:  17, 19, 24, 26 e 31 de xaneiro, 2, 7, 9, 14, 16, 21 e 23 de febreiro.

LUGAR:   Colexio Maior Rodríguez Cadarso (Praza Rodríguez Cadarso s/n, Campus Vida, Santiago de Compostela). Sala Multiusos.

HORARIO: 17:00-18:00 h.

PREZO:  150 euros.

NÚMERO DE PRAZAS: 15

 Inscrición: www.fundacionuscdeportiva.org  ou <http://tinyurl.com/zwagfma>

+ INFO: 881.975.399 – 881.256.238

e-mail: contacto@fundacionuscdeportiva.orgxuntos@xuntospsicologia.com

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s