Integración sensorial. Un camiño para as discapacidades

Girl Tying Her Shoelace --- Image by © Jamie Grill/Corbis
Girl Tying Her Shoelace — Image by © Jamie Grill/Corbis

Este sábado, día 12 de Novembro, asistimos a unha Conferencia de Berta Gándara, sobre a “Integración sensorial”, relacionada coa alimentación, e enfocada, neste caso, a persoas con TEA (Trastorno de Espectro Autista). Berta Gándara é Terapeuta ocupacional na Clínica de Terapia Ocupacional Pediátrica Beaudry-Bellefeuille (Oviedo), se ben realiza traballos clínicos en Santiago de Compostela e A Coruña, os luns e venres.

A Conferencia foi xestionada pola Asociación Raiolas Lugo,  asociación sen ánimo de lucro declarada no ano 2011 de Utilidade Pública, formada polos pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos do Espectro do Autismo (TEA), que traballa na provincia de Lugo.

Integración Sensorial

A integración sensorial é un proceso neurolóxico que organiza, e integra, as sensacións do noso propio corpo, facendo posíbel o uso deste dentro do entorno.  Trátase, en fin, do proceso que nos permite responder adecuadamente á información que recibimos a través dos nosos sentidos. Unha disfunción da integración sensorial implica unha dificultade para tratar correctamente o fluxo de información sensorial que procede do noso corpo e do mundo que nos rodea. Cando a información chega de xeito distorsionado ou confusa, estase predisposto a ter dificultades para prestar atención, adquirir aprendizaxes, planificar e desenvolver tarefas de maneira efectiva. Por esta razón, as persoas, sobre todo nenos e nenas, que teñen unha merma da súa integración sensorial frústranse facilmente ante os desafíos en actividades sinxelas ou cando se relaciona con outras persoas.

Coñece os signos de alerta dun posíbel problema de procesamento sensorial aquí

Mediante o enfoque de terapia ocupacional, axúdase ao neno a millorar as súas habilidades, aumentar a súa autoestima, de acordo coas súas características e necesidades, nun entorno enriquecedor no que a experiencia sensorial é a chave da intervención.

De lectura obrigatoria é o libro de Jean Ayres, La integración sensorial y el niño. Sevilla, Alcalá de Guadaíra: MAD, 2006.ayres

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s