Curso de Perfeccionamento en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento

24, 26 e 28 de outubro. 4, 5, 9, 11, 16, 18, 19, 23, 25 e 30 de novembro. 2 e 3 de decembro.
O Centro de Posgrao e Formación Continua da USC abre o prazo de matrícula no Curso de Perfeccionamento en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. Ten unha duración de 60 horas presenciais e un recoñecemento de 6 créditos ECTS de posgrao (Certificado de Formación Continua, non válido para obter a titulación de grao).

 OBXECTIVOS:

Adquirir os coñecementos necesarios para poder orientar a carreira profesional ao mundo da cooperación.

Dotar dos instrumentos, habilidades e competencias profesionais básicas para comprender a cooperación internacional ao desenvolvemento.

Coñecer as ferramentas empregadas na xestión de proxectos de cooperación.

Fomentar o pensamento crítico para analizar as causas e consecuencias do desenvolvemento humano actual.

Xerar interese entre a comunidade universitaria en relación á cooperación e educación ao desenvolvemento.

 

CONTIDOS:

  • Cooperación internacional para o desenvolvemento: conceptos básicos.
  • Evolución das teorías do desenvolvemento: o Desenvolvemento Humano Sostible.
  • O marco internacional en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • Axenda Internacional do Desenvolvemento: dos ODM aos ODS.
  • O sistema multilateral de cooperación internacional para o desenvolvemento.
  • A política de cooperación española: Administración Xeral do Estado e Descentralizada.
  • A Política de cooperación española: sociedade civil e outros actores.
  • A educación para o desenvolvemento.
  • O enfoque de xénero na cooperación ao desenvolvemento.
  • Dereitos Humanos e desenvolvemento.
  • A Xestión da Cooperación: Identificación, Deseño e Execución de Proxectos.

DATAS: 24, 26 e 28 de outubro. 4, 5, 9, 11, 16, 18, 19, 23, 25 e 30 de novembro. 2 e 3 de decembro.

HORARIO: de 16:00 a 20:00 h (sábados de 10:00 a 14:00 h.)

INSCRICIÓN: As persoas interesadas deberán enviar o formulario de preinscrición cuberto, xunto cun breve currículo vitae, a sepiu.santiago@usc.es.

Arquivos adxuntos

doc Inscrición [doc – 92 kb][Actualizado: 30/9/16]

cartel 2016 DEF

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s