Tai chi e Chi kung, primeira proposta da Fundación USC Deportiva para este curso

Siglas en cor - Logotipo de Usos Xerais

A Fundación USC Deportiva inicia o seu programa de actividades para 2016-2017 cun curso monográfico de Tai chi e Chi kung, que permitirá ás persoas que se inscriban achegarse á cultura e ás diferentes visións que certas disciplinas orientais teñen sobre o corpo e a mente, ademais de adquirir as ferramentas necesarias para acadar e manter un estado físico e mental saudable e coñecer algunha técnica de respiración, meditación e relaxación.

Esta é unha actividade dirixida a calquera persoa interesada. A actividade será impartida polo mestre  Amancio Rial Bouza, profesor de Tai chi, Kung fu e Meditación da Fundación USC Deportiva. Todas as persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da páxina web da Fundación (www.fundacionuscdeportiva.org). O custe da inscrición é de 40€ (45,70 coa comida incluída) e as prazas son limitadas, polo que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.

O curso desenvolverase o sábado 26 de Novembro de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 17.30 horas na Residencia Universitaria Monte da Condesa. O Tai chi chuan, comunmente chamado Tai chi, é unha antiga arte marcial de orixe chinesa, practicada na actualidade en todo o mundo e recoñecida polos seus beneficios para a saúde integral das persoas.

Os antigos mestres chineses concebíanna como a arte suprema para manter a saúde ou, nos seus termos, o correcto fluxo de enerxía “chi” ao longo dos meridianos e dos distintos órganos. O seu carácter relaxado e meditativo fai que esta disciplina obteña moi bos resultados a nivel mental, de equilibrio emocional e enerxético. Deste xeito, o Tai chi é moi efectivo para todo tipo de persoas, independentemente da súa idade ou condición física.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s