IV Xornada universitaria Galega en Xénero

conxunto_identidade

IV XORNADA UNIVERSITARIA GALEGA EN XÉNERO. PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA UNIVERSITARIA

15 de xullo de 2016 na Facultade de Ciencias da Comunicación (Santiago de Compostela)

Presentación:

Desde o ano 2013, as oficinas/unidade de igualdade das tres universidades galegas vimos colaborando na realización da Xornada Universitaria Galega en Xénero, punto de encontro para o seu persoal docente investigador que traballa con perspectiva de xénero.

Nesta cuarta edición, baixo o lema Perspectiva de xénero na docencia universitaria, centrámonos na práctica docente e abrimos a convocatoria ao persoal docente investigador de fora do ámbito do sistema universitario galego.

Obxectivos:

  • Impulsar a aplicación da transversalidade de xénero como un criterio de excelencia universitaria.
  • Intercambiar experiencias entre o persoal docente que teña integrado a perspectiva de xénero na súa práctica docente e o que estea interesado en incorporala.
  • Potenciar experiencias innovadoras que inclúan a perspectiva de xénero como un eixe de traballo.
  • Crear redes de colaboración para integrar a perspectiva de xénero na práctica docente.

Programa

Inscrición:

A inscrición será gratuíta e aberta ata completar o aforo.

Formulario de inscrición

O prazo remata o 12 de xullo.

Estrutura:

  • Conferencia inaugural.
  • Exposición de comunicacións (de forma oral ou en sesión póster).

Áreas temáticas: A presentación de propostas será a través do envío do formulario de comunicación aos seguintes enderezos electrónicos, dependendo da área temática:

  • Metodoloxía docente e perspectiva de xénero. (oix@usc.es)
  • Innovación e boas prácticas na aula coa perspectiva de xénero. (oix@usc.es)
  • Integración da perspectiva de xénero no ensino virtual. (oficina.igualdade@udc.es)
  •  Incorporación da dimensión de xénero na titorización. (oficina.igualdade@udc.es)
  • Dinámicas de xénero na aula. (igualdade@uvigo.es)
  • Comunicación inclusiva: o uso da linguaxe na docencia. (igualdade@uvigo.es)

Prazo límite para presentar propostas de comunicación: 2 de maio de 2016

Publicación:  Realizarase unha publicación dos traballos presentados e defendidos (de forma oral ou na sesión póster) que disporá de ISBN.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s