A propósito do Enso

Levades vendo, dende os principios da nosa páxina web, que case todos as nosas entradas van acompañadas do símbolo “Enso”, un símbolo xaponés que está contido no noso logo da Asociación Wai Chi /Reiki Compostela.

A vinculación do Enso co Zen é moi evidente e quere transmitir aspectos como o da enerxía, a forza, pero nós o utilizamos fundamentalmente pola súa acepción de “baleiro”.

O Enso trázase a diario, dunha pincelada única, como un exercicio de concentración e meditación. No momento de realizar o Enso, a mente adícase por completo a esa laboura e abandoa as preocupacións e o estado de estrés que a acompaña no seu percorrido.

O círculo completo, ou aberto por un lado, implica a necesidade do “non facer”, o “non facer, como decía Kabat Zinn como o feito de  deixar que as cousas ocorran por si mesmas.

Desvencellado de calquera matiz relixioso, o Enso é unha invitación á calma, ao Mindfulness, á percepción do momento, do aquí e agora, á tolerancia e apertura aos demais.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s