XIII Curso en liña de Iniciación ao Voluntariado e Cooperación

conxunto_identidade

Do 1 de decembro de 2015 ata o 31 de xaneiro de 2016

Este curso está recoñecido academicamente con dous créditos para todo o alumnado da USC que curse estudos de Grao, Licenciatura, Enxeñaría ou Diplomatura.

Deste xeito quen realice este curso ten a posibilidade de completar ata 6 créditos ECTS optativos ou 4 créditos de libre configuración adicionais, colaborando nalgunha das actividades de participación e voluntariado durante o curso 2014-2015. No apartado de colaboración en proxectos sociais pódese ampliar a información.

O curso desenvolverase integramente a través do campus virtual da USC dende o 1 de decembro de 2015 ata o 31 de xaneiro de 2016, co seguinte programa:

  • Introdución á Acción Voluntaria. A participación social no Estatuto do Estudante Universitario.
  • Voluntariado e Idade.
  • Voluntariado e Saúde.
  • Atención á Diversidade.
  • Inmigración e Interculturalidade.
  • Voluntariado e Medio Ambiente.
  • Cooperación ao Desenvolvemento.
  • Educación para o desenvolvemento.
  • TIC e Participación Social.

O prazo de matrícula permanecerá aberto dende o 30 de outubro ata o 31 de novembro de 2015 ou ata completar prazas. Matrícula (60€)

Ligazón:

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s