Curso Reiki III. 3 de outubro de 2015

images (3)

O día 3 de outubro celebrarase no Hotel NH Obradoiro (Santiago de Compostela) o segundo curso de Reiki, nivel III que imparte a nosa Asociación.

O curso desenvolverase de xeito intensivo entre as nove da mañá e dúas e media e catro da tarde a oito.

O seu prezo é de 150 euros, aplicándose un 20 por cen de desconto para os socios e socias da Asociación. Resérvanse dúas prazas para persoas con discapacidade, familias numerosas, persoas en situación de desemprego ou maiores de 60, nas que se aplicará un 40 por cen de desconto. Asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Asimesmo outorgarase unha praza de xeito totalmente gratuito a aquela persoa que estea en situación especial de desamparo, despois de reunida a Comisión avaliadora. O curso será impartido polo Mestre Amancio Rial Bouza, mestre federado e Presidente da Asociación Reiki Compostela.

Para a realización do curso de Reiki, nivel III, é preciso xustificar que se está en posesión do título de Reiki II, non é necesario que sexa da nosa Asociación, e que teñan transcorrido alomenos seis meses dese curso.

Pode realizar a súa preinscrición no enderezo electrónico areikicompostela@gmail.com. A preinscrición non garante a matrícula. Para que a matrícula sexa definitiva, a persoa preinscrita deberá aboar o prazo da matrícula no número de conta da Asociación, que aparece no apartado “Faite socio” nun prazo de cinco días hábiles dende a súa aceptación. En caso contrario a praza destinarase á seguinte persoa en lista de agarda.

Neste curso, parte dos ingresos irán destinados, ademais do pago do espazo e do café/té de media mañá, a donacións á dúas Asociacións ou ONG que se seleccionarán no seu momento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s