Curso de Reiki I o 19 de setembro de 2015

Este curso reempraza ao do 18 de xullo de 2015.

images

A Asociación Wai Chi/Reiki Compostela e a Asociación galega para a investigación e a práctica das artes marciais chinesas (Mam.Chi) convocan un novo curso de Reiki I, que se celebrará o 19 de setembro de 2015 no Hotel NH Obradoiro (Santiago de Compostela) entre as oito da mañá e as tres da tarde. Faranse dúas pausas para café/té e almorzo ás dez da mañá e unha menos cuarto, con cargo á Asociación.

O curso será impartido polo Mestre Amancio Rial Bouza, profesor da Fundación USC deportiva, Dina Hosting  e Presidente da Asociación Reiki Compostela, Federado pola Federación Española de Reiki, número 2667. Os participantes recibirán o diploma acreditativo do nivel Shoden, dous manuais, a súa linaxe reiki e as prácticas posteriores ao curso no noso espazo da clínica de Doutor Teixeiro, 28, 1º, CliniQsantiago.

PREZO DO CURSO:

O prezo do curso é de 65 euros e haberá un 20 por cen de desconto para os socios e socias das dúas Asociacións (vid. apartado “Faite socio/a”)

RESERVA:

Pode facer a súa reserva de praza no noso enderezo areikicompostela@gmail.com, onde se lle dará toda a información para o pago da matrícula.

Advertisements

2 comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s