18 de xullo de 2015. Nivel I de Reiki (Shoden)

il_fullxfull.207268111

¡ÚLTIMO CURSO ATÉ SETEMBRO

A Asociación Wai Chi/Reiki Compostela e a Asociación galega para a investigación e a práctica das artes marciais chinesas (Mam.Chi) convocan un novo curso de Reiki I, o último antes do periodo vacacional, que se celebrará o 18 de xullo de 2015 no Hotel NH Obradoiro (Santiago de Compostela) entre as oito da mañá e as tres da tarde. Faranse dúas pausas para café/té e almorzo ás dez da mañá e unha menos cuarto, con cargo á Asociación.

O curso será impartido polo Mestre Amancio Rial Bouza, profesor da Fundación USC deportiva e Presidente da Asociación Reiki Compostela, Federado pola Federación Española de Reiki, número 2667. Os participantes recibirán o diploma acreditativo do nivel Shoden, dous manuais, a súa linaxe reiki e as prácticas posteriores ao curso no noso espazo da clínica de Doutor Teixeiro, 28, 1º, CliniQsantiago.

PREZO DO CURSO:

O prezo do curso é de 65 euros e haberá un 20 por cen de desconto para os socios e socias das dúas Asociacións (vid. apartado “Faite socio/a”)

Resérvanse tres prazas nas que se aaplicará un corenta por cen de desconto para persoas con discapacidade, en situación de desemprego, familia numerosa ou maiores de 65. A adscrición outorgarase por rigorosa orde de matrícula e previa xustificación oportuna.

Do mesmo xeito, cédese unha praza gratuita para aquela persoa en situación especial de desamparo, segundo resultado da Comisión da avaliación da Asociación.

RESERVA:

Pode facer a súa reserva de praza no noso enderezareikicompostela@gmail.comonde se lle dará toda a información para o pago da matrícula.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s