Curso Reiki II. 4 de xullo de 2015

bambu-171647

Para aqueles/as que quedaron sen praza na anterior edición, a Asociación Reiki Compostela organiza un novo curso de Reiki II para o día 20 de xuño de 2015.

Para realizar este curso é necesario estar en posesión do diploma de Reiki I (non ten porque ser da Asociación) e que, alomenos, teñan transcorrido tres meses dende a realización do I nivel.

O curso será impartido polo Mestre Amancio Rial Bouza, Profesor da Fundación USC deportiva e actual presidente da Asociación Reiki Compostela.

Mestre Amancio Rial Bouza

Amancio Rial Bouza (Vigo, 1966) leva mais de quince anos  impartindo ensinanzas de Tai chi, Kung fu, Chi Kung, técnicas de meditación e danza no Club Deportivo da Universidade de Santiago e posteriormente na Fundación USC deportiva. Ademais, realizou  seminarios e charlas sobre meditación e movemento nas facultades de Filosofía e Medicina da Universidade de Santiago de Compostela. Dende hai cinco anos dirixe as actividades de ioga-pilates, masaxe e acupuntura na empresa Dinahosting S.L., onde asesora aos traballadores en coidados da saúde. É membro fundador da Asociación Cultural Carauta para o estudo e práctica da meditación e o movemento e da Asociación Galega para a investigación e a práctica da Meditación e das Artes marciais Chinesas (Mam.Chi). Ten viaxado por Asia e traballado con varios Mestres no campo das artes marciais e das distintas técnicas de meditación e relaxación.

Na actualidade é o presidente da Asociación Reiki Compostela.

HORARIO

de 9.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00

Lugar: NH Obradoiro (Santiago de Compostela)

Número de prazas: 15.

Prezo: 80 euros. Aplicarase o  20 por cen de desconto para os socios e socias da Asociación Reiki Compostela. Reservaranse tres prazas para persoas con discapacidade, familias numerosas, maiores de 65 e en situación de desemprego (previa xustificación), aplicándose o corenta por cen de desconto. A Asignación da praza efectuarase segundo rigorosa orde de matrícula. Asimesmo, resérvase unha praza de carácter gratuito, que será outorgada pola Comisión da Asociación, para aquela persoa en situación especial de axuda.

Información e inscrición no enderezo areikicompostela@gmail.com.

Advertisements