CURSO REIKI I. 11 DE ABRIL DE 2015

yinyangfish2

A Asociación Wei Chi/Reiki Compostela e a Asociación galega para a investigación e a práctica das artes marciais chinesas (Mam.Chi) convocan un novo curso de Reiki I, que se celebrará o 11 de abril de 2015 no Hotel NH (Santiago de Compostela) entre as nove e media da mañá e as sete da tarde, coa pausa para a comida

O curso será impartido polo Shifu Amancio Rial Bouza, profesor da Fundación USC deportiva e Presidente da Asociación Reiki Compostela, Federado pola Federación Española de Reiki. Os participantes recibirán o diploma acreditativo.

PREZO DO CURSO:

O prezo do curso é de 65 euros e haberá un 20 por cen de desconto para os socios e socias das dúas asociacións (vid. apartado “Faite socio/a”)

Resérvanse catro prazas cun corenta por cen de desconto para persoas con discapacidade, en situación de desemprego ou familia numerosa. A adscrición outorgarase por rigorosa orde de matrícula e previa xustificación oportuna.

Do mesmo xeito, cédese unha praza gratuita para aquela persoa en situación especial de desamparo, segundo resultado da Comisión da avaliación da Asociación.

RESERVA:

Pode facer a súa reserva de praza no enderezo areikicompostela@gmail.com, onde se lle dará toda a información para o pago da matrícula.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s